Versión en español

Decisións

Dificultades e cambios

Sentimento Universitario

Sobre este Sitio

Créditos

 

Enlaces

   
 

Sentimento universitario

E así é como nos sentimos xusto antes de comezar o viaje, ansiosos e con ganas de comezar, rematar no instituto e sumerxernos nunha nova dimensión, onde labrar o noso futuro será a meta e onde os sentimentos serán os nosos guías. Queremos sumerxirnos nesa nova vida que nos brindará a universidade, e queremos vivir novas experiencias. Queremos poder deixar a nosa imaxinación voar, e aprender, e estudiar para así ver novos horizontes que aínda nos son descoñecidos. Queremos facer amigos e coñecer xente, e compartir con eles esta emocionante experiencia, e camiñar xuntos cara ó futuro, ou polo menos ata que se separen os nosos camiños. A diversión tamén nos acompañará, xa que a nosa viaxe será intensa, viva, e repleta de aventuras que gardaremos na memoria.

É normal o medo a fracasar, xa que pouco a pouco todo se fai máis difícil, tememos o peorporque as relacions cos demáis e os estudos son cada vez máis e máis complicados, necesitamos tamén máis esforzo cada día para manter as nosas notas. Ainda así sacrificarémonos e conseguirémolo, non podemos rendirnos ante o medo, senón crecernos e sacrificarnos un pouco máis, dar todo de nós mesmos, estudar e divertirnos facén-doo, preparar o noso futuro coa vista ben ó frente.

Deixar atrás a familia quizais sexa duro pero...¡que hai da experiencia de vivir pola nosa conta! é algo que a todos nos enche de emoción, sair do pobo onde sempre vivimos para aventurarnos fóra, sós, sen nosos pais. Facémonos maiores e temos novas responsabilidades, iso é algo que nos fascina xa que as novas responsabilidades implican novas liberdades que nos deixarán máis decisións que tomar, unhas fáciles e outras difíciles, pero só nosas.

Como antes dixemos os amigos acompañaránnos na nosa viaxe, dende o comezo ata o fin, quizais vaian cambiando segundo pase o tempo, pero cada un cumplirá a súa función e deixarán a sua pegada na nosa alma, ou no corazón. rapaces e rapazas novos entrarán e sairán das nosas vidas para lanzarnos un cable.

Imaxinome o ambiente na universidade cargado de saber, onde a xente é responsable e se preocupa polo seu futuro, onde quizáis se respire cultura e se almorce con coñecementos, ou ónde estar tranquilo lendo non sexa nada extraño. Creo que o ambiente da universidade será agradable, atopar xente cos teus mesmos intereses é algo incríble, e compartir con eles a vida que nos espera tamén.

Quizais moitos paxaros voen nas nosas cabezas, ou quizais idealicemos demasiado toda esta aventura, pero que se lle vai facer, así é como nos sentimos xusto antes de comezar a viaxe, ansiosos e con ganas de comezar, acabar no instituto e sumerxernos nunha nova dimensión, ónde labrar o noso futuro será a meta onde os sentimientos serán os nosos guías.