Foto dun neno

Exposición conmemorativa do centenario da primeira Cátedra de Pedagoxía

MANUEL BARTOLOMÉ COSSÍO

BUSC - Bca. Intercentros de Filosofía, Psicoloxía e CC. da Educación

 
Inicio
Presentación
Vida
Catálogo
Bibliografía
Imaxes

 

El niño, campo fecundo tan mal cultivado hasta el presente, con sus sentidos 

 abiertos y sus facultades razonadoras, esperando siempre a que una mano con arte

  venga a sacarlos del sueño en que dormitan, es quien tiene en su propia naturaleza

la ley según la cual debe educársele. Posee todo lo necesario para ver,

primera e ineludible condición del  conocimiento; sólo aguarda que le enseñen a hacerlo."

 Manuel B. Cossío

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

          A presente exposición, xurdida para conmemorar o centenario da primeira Cátedra de Pedagoxía,tenta aproximarse á figura do seu primeiro titular, Manuel Bartolomé Cossío.

Sabemos que a súa actividade e influencia en múltiples ámbitos da vida da súa época excede as testemuñas escritas que deixou. Pese a iso, tentamos ver nelas o espíritu e a vontade que impulsou unha nova forma de ver o maxisterio, un xeito dinámico e comprometido de abordar a sua tarefa no Museo Pedagógico Nacional e a súa influencia nas reformas educativas que se sucederon. Sen esquecer a súa ollada sempre atenta a evolución da educación no ámbito internacional.

A Cátedra presentasenos como un foro no que se pensa e reflexiona sobre a acción educativa e como a culminación do que para él era a dignificación dunha profesión que tentou revalorizar en todas as suas actuacións.

A materialización do seu vello soño das "Misiones a los pueblos", xa na época da República e nos derradeiros anos da súa vida, contrasta co periodo de sombras que se inauguraría ao pouco de morrer el e que sería o da liquidación de moitos dos proxectos nos que estivo implicado.

Estes son os grandes eixos da exposición que agora presentamos.

Se unha visión de Cossío desde Galicia non debería esquecer aspectos biográficos relacionados con ela ou as repercusións no noso país da súa obra - en boa parte recollidas nos traballos do profesor Porto Ucha- a imposibilidade de abordar isto dun xeito riguroso nesta mostra levounos á idea de ofrecer, nos diferentes apartados da exposición, testemuñas puntuais, mais non por iso menos evocadoras, das pegadas en Galicia da súa actividade.

A realización desta exposición non tería sido posible sen a colaboración de Eugenio Otero Urtaza, quen, persoalmente e a través dos seus traballos, facilitounos as claves para realizar este percorrido.

Queremos tamén agradecer a Antón Costa Rico, Socorro Rodríguez Holguín, Rubén N. Ansedes Pérez e outros compañeiros e compañeiras a disponibilidade e axuda que nos brindaron.

Non podemos esquecer ás bibliotecas que nos enviaron documentos dos seus fondos: Biblioteca da Universidade de Vigo, Bibloteca Pública de Lugo, Biblioteca Complutense de Madrid, Biblioteca de la Universidad de Sevilla, Biblioteca de la Universidad de Málaga, Biblioteca de la Universidad de Salamanca, Biblioteca do Instituto Padre Sarmiento e a Biblioteca Nacional. Queremos facer unha mención especial da Biblioteca da Residencia de Estudiantes e da Fundación Giner de los Ríos.

A montaxe da exposición foi posible gracias á colaboración desinteresada de Sargadelos que nos brindou a súa axuda cedéndonos as vitrinas.

 
  Foto: Público nunha representación teatral das Misiones Pedagógicas. Archivo virtual. CSIC-Residencia de Estudiantes.