|
Axenda Curso de redacción e deseño Curso de 30 horas que comeza o 24 de abril para mellorar os coñecementos dos estudantes para a redacción de traballos académicos e de investigación. Validable por 1 crédito de libre configuración. http://www.usc.es/snl/forma/index.htm.Actualización á Normativa da Lingua Galega Dirixidos ao PDI para repasar os cambios máis salientables nas Normas da Real Academia Galega no ano 2002. Ten unha duración de 10 horas e ao remate outórgase un certificado de asistencia. Organízase conxuntamente co PFID. En Santiago e en Lugo. http://www.ti.usc.es/formacionPDI/asp/benvidag.asp.Premios á calidade lingüística nos traballos académicos Ata o 21 de xullo poderase presentar traballos académicos nas secretarías dos centros convocantes para que opten aos II Premios á calidade lingüística neste curso 2005-2006. http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade2.htm.
|
Ata os delincuentes saben (se están ben organizados, claro ;-)) que para pasar desapercibidos en Galicia un bo método é enmasacarar o acento de seu e falaren galego. Por algo será!
O contrario, ás veces, ocorre entre universitarios galegos, que envían comunicacións masivas dentro da USC só en castelán ou en bilingüe, contravindo o RUG, ou que discriminan o galego, segundo se denunciou no Congreso a respecto do CSIC. |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |