|
Axenda Cursos de lingua galega para non galegofalantes O 8 de novembro remata o prazo de matrícula nos dos niveis dos cursos para non galegofalantes, dirixidos a persoas procedentes de fóra de Galicia, e as clases comezan o 12 do mesmo mes. Máis información en http://www.usc.es/snlus/formac.htm. Cursos de optimización de traballos de investigación O 8 de novembro remata o prazo de matrícula destes cursos de 15 horas dirixidos a estudiantes e investigadores da USC que afronten o seu traballo de investigación en galego. Máis información en http://www.usc.es/snlus/formac.htm. VIII Conferencia internacional de linguas minoritarias Do 22 ó 24 de novembro de 2001 hase celebrar en Santiago de Compostela esta oitava conferencia, centrada nas políticas lingüísticas e educativas na Europa comunitaria. Máis información en http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxpl/clm/.
|
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |