Xaneiro do 2008
   Visita os números anteriores
Buscas


30/01/2008 Conversas con: Voluntariado Lingüístico

08/02/2008 Matrícula nos cursos para non galegofalantes

31/01/2008 Remata a matrícula no Obradoiro de unidades didácticas

06/02/2008 Obradoiro de elaboración de unidades didácticas

31/01/2008 Remata a matrícula en «Linguaxe xurídica en galego. Recursos»

06/02/2008 Linguaxe xurídica en galego. Recursos

21/02/2008 Día Internacional da Lingua Materna

24/07/2008 Premios de calidade e excelencia lingüística




Terminoloxía nos cartafois

SNL da USC: Termos esencias da nova economía


 


Axenda

Conversas con: Voluntariado Lingüístico

Os días 30 e 31 de xaneiro en Santiago e na Coruña dentro do ciclo de conferencias Conversas con, organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude, abordarase o tema do voluntariadolingüístico desde as experiencias catalá, valenciana, vasca e galega

http://www.voluntariadogalego.org/web/.

Matrícula nos cursos para non galegofalantes

Do 8 ao 22 de febreiro será o prazo para matricularse nos cursos de lingua galega para non galegofalantes, que serven para preparar o certificado de coñemento da lingua galega correspondente ao nivel 1 (CELGA 1).

http://www.usc.es/idiomas/galego/info_gal.htm.

Remata a matrícula no Obradoiro de unidades didácticas

Do 24 de xaneiro ao 31 de xaneiro o PDI do Campus de Lugo ha poder matricularse no Obradoiro de elaboración de unidades didácticas para a docencia universitaria, a través do Programa de Formación e Innovación Docente.

http://matricula.usc.es/cursos/pfid/.

Obradoiro de elaboración de unidades didácticas

Comezan as sesións teóricas do Obradoiro de elaboración de unidades didácticas para o PDI do Campus de Lugo. O seu obxectivo é promover a elaboración de unidades didácticas de calidade como instrumento docente e de normalización lingüística.

http://www.usc.es/snl/dinamiza/unididacticas.htm.

Remata a matrícula en «Linguaxe xurídica en galego. Recursos»

O PDI da Facultade de Dereito pode matricularse no Curso de recursos para a linguaxe xurídica galega dende o 24 ata o 31 de xaneiro, a través do web do Programa de Formación e Innovación Docente.

http://matricula.usc.es/cursos/pfid/.

Linguaxe xurídica en galego. Recursos

Comeza este curso de 20 horas, organizado pola CNL de Dereito para o PDI do centro, cos obxectivos de coñecer características básicas da linguaxe xurídica galega, manexar ferramentas de apoio e valorar positivamente o uso do galego neste ámbito.

.

Día Internacional da Lingua Materna

Vacio .

Premios de calidade e excelencia lingüística

Ata o 24 de xullo de 2008 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos IV Premios á calidade e á excelencia lingüistica.

http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.


Imprimir

 

 

A Programación Plurianual da USC 2007-2010 proponse como obxectivo reducir a distancia en canto ao uso do galego na docencia entre a USC e o resto do sistema educativo galego (que a normativa dispón que sexa dun mínimo do 50%).

Moito imos ter que traballar todos e todas na USC, para conseguir en só dous anos achegarnos a ese 50% de docencia en galego cando na actualidade se utiliza o galego un 20% nas nosas aulas...


Imprimir

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es