Outubro do 2002
   Visita os números anteriores
Buscas


4/11/2002 Cursos de Optimización Lingüística e Deseño

4/11/02 Exposición sobre o Seminario de Estudos Galegos na EPS

4/11/02 Presentación da Comisión de Normalización da EPS

O Vocabulario de Química en Lugo




Andel de diccionarios novos (I)


 


Axenda

Cursos de Optimización Lingüística e Deseño

O 4 de novembro comeza o prazo de matrícula para os cursos de Optimización Lingüística e de Deseño de traballos de investigación que organiza a USC a través do Servicio de Normalización Lingüística. O prazo remata o 15 de novembro. http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCArtafol=2&Artigo=9.

Exposición sobre o Seminario de Estudos Galegos na EPS

O 4 de novembro ás 12,30 horas inaugúrase a exposición "O Seminario de Estudos Galegos: 80 anos de ciencia de noso", homenaxe que lle rende a Comisión de Normalización Lingüística da EPS nos corredores da ampliación da Escola ata o 13 de novembro. .

Presentación da Comisión de Normalización da EPS

Difusión de carteis, trípticos e pegatinas sobre a comisión e as súas actividades, ás 12,30 horas no Salón de Actos da EPS. O acto contará coa presencia do director da EPS e da presidenta da comisión. http://web.lugo.usc.es/~cnleps/.

O Vocabulario de Química en Lugo

Presentación do Vocabulario de Química no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Lugo, ás 12:30, coa presencia dos autores, o vicerrector do Campus de Lugo, o decano de Ciencias e o técnico do SNL en Lugo. .


Imprimir

 

 

Dende setembro contamos cun valiosísimo Diccionario galego de termos médicos, con máis de 20.000 entradas, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. A Medicina é xa un pouco máis galega.

O Regulamento de usos lingüísticos da USC explicita que (art. 7.3) "a publicidade de todo tipo que emita a USC realizarase en galego, agás a que for destinada especificamente á promoción exterior"; mais nestes meses, na prensa do país, moitos anuncios de cursos de posgrao desta universidade incumprían a dita norma.


Imprimir

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es