|
Ruxe Ruxe ¿Sen exame de galego? (La Voz de Galicia, 3/9/2002)
O Tribunal Superior de Xustiza dictou unha sentencia que declara legal a exención do exame de galego que aplica a Xunta para ingresar na función pública. Compostela presenta o seu Plan (O Correo Galego, 10/9/2002)
O Concello de Santiago tamén conta co seu Plan de Normalización Lingüística dende o pasado mes de xullo, o primero de ámbito local no noso país. Na súa elaboración colaboraron representantes de tódolos sectores sociais da cidade. Aínda sen bilingüísmo nos impresos oficiais (La Voz de Galicia, 30/09/2002)
Segundo un Real Decreto de 1999 a Administración debería contar con documentos bilingües (impresos de declaración do IVE, imposto sobre a renda...) nas autonomías con lingua propia. E a súa data límite de aplicación era o pasado 1 de maio... ¿Ulos? Polémica sobre o Plan Xeral de Normalización da Xunta de Galicia (Vieiros-Galego.org, )
Fronte á polémica creada inicialmente por unha posible privatización da elaboración do PXNL da Xunta, desmentida por esta, as primeiras informacións sobre o Plan ofrecéronse no marco dos VI Encontros de Normalización do Consello da Cultura. A Coruña vs. La Coruña (e van...) (Radio Coruña, 20/10/2002)
A enquisa realizada por Radio Coruña demostra que o 47% dos enquisados prefire A Coruña, un 44% La Coruña, e o resto, Coruña. A enquisa tamén ten en conta outros ítems, como a idade ou a adscrición política Harry Potter e a cámara dos segredos (sic) (A Mesa, 21/10/2002)
A Mocidade pola Normalización Lingüística (sección xuvenil da Mesa) está a levar adiante unha campaña para conseguir que a segunda entrega das aventuras de Harry Potter no cinema teña versión en galego.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |