Outubro do 2002
   Visita os números anteriores
Buscas


4/11/2002 Cursos de Optimización Lingüística e Deseño

4/11/02 Exposición sobre o Seminario de Estudos Galegos na EPS

4/11/02 Presentación da Comisión de Normalización da EPS

O Vocabulario de Química en Lugo




Andel de diccionarios novos (I)


 


Convocatoria de cursos de lingua galega para non galegofalantes

O 14 de outubro abriuse o prazo de matrícula nos cursos de lingua galega para non galegofalantes que convoca a Universidade de Santiago, a través do seu Servicio de Normalización Lingüística. Máis de 300 alumnos levan pasado por esta modalidade de formación lingüística básica dende 1996, ano en que se convocaron por vez primeira. Os cursos están destinados para as persoas que non tiveron acceso a ningunha formación de lingua galega, sobranceiramente por viren de fóra de Galicia, e responden á necesidade de garantir os dereitos lingüísticos de toda a comunidade universitaria.

Modúlanse en dous niveis: elemental (para xente con nulos coñecementos de galego) e competencia (persoas con coñecementos básicos). Ambos os dous constan de 80 horas lectivas, que seguen un deseño curricular e uns materiais propios.

As clases comezarán oficialmente o día 30 de outubro; impartiranse de luns a xoves, en horario de 8 a 9 horas da mañá, tanto no Campus de Santiago como no de Lugo.

A Universidade e a Xunta de Galicia outorgarán un certificado de aptitude ós alumnos e alumnas que superen o curso. Ademais, recoñeceránselles cinco créditos de libre configuración ós estudiantes estranxeiros e ós provenientes de fóra de Galicia.

Cómpre aclarar que estes non son os cursos de iniciación e perfeccionamento, que hai anos que non se imparten na USC; as persoas interesadas neses cursos deben dirixirse para solicitar información á Dirección Xeral de Política Lingüística.

A matrícula, que custa 6 € para os membros da USC e 60 € para os que non posúan esta condición, débese realizar no Servicio de Normalización Lingüística (na oficina do Colexio de San Xerome en Santiago, ou na oficina situada no edificio da Biblioteca Intercentros en Lugo). Para matricularse, cómpre cubrir a folla de inscrición e o formulario de taxas que se facilita no dito Servicio, realizar a liquidación das taxas e xustificar documentalmente a condicion de membro da Universidade, de ser o caso.

O prazo de matrícula abrangue do 14 ó 25 de outubro.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es