Febreiro do 2001
   Visita os números anteriores
Buscas


1-11-01 Cursos de lingua galega para non galegofalantes

1-11-01 Cursos de optimización de traballos de investigación

1-11-01 VIII Conferencia internacional de linguas minoritarias




Correctores ortográficos Galgo e 2.Mil


 


Éxito dos novos cursos de formación en galego

A Universidade de Santiago de Compostela convocou o pasado mes de outubro novos cursos para mellorar a formación da comunidade universitaria en canto ó coñecemento e dominio do idioma galego, esteo fundamental para conseguir tanto un maior uso nas diversas facetas da vida universitaria como unha maior garantía para o respecto dos dereitos lingüísticos de todos os seus membros.

Os cursos de lingua galega para non galegofalantes, que se convocan na USC dende 1996, están destinados para as persoas que non tiveron acceso a ningunha formación de lingua galega, sobranceiramente por viren de fóra de Galicia. Os cursos modúlanse en dous niveis: elemental (para xente con nulos coñecementos de galego) e competencia (persoas con coñecementos básicos). Ambos os dous constan de 80 horas lectivas, que seguen un deseño curricular e uns materiais propios.

No Campus de Santiago matriculáronse 34 persoas no nivel elemental e 18 no de competencia, os cales se imparten na Facultade de Xeografía e Historia; no Campus de Lugo matriculáronse 13 persoas nos cursos, que se imparten na Facultade de Veterinaria. As clases comezaban oficialmente o día 12 de novembro, en horario de 8 a 9 horas da mañá, e rematarán en maio.

A Universidade e a Xunta de Galicia outorgarán un certificado de aptitude ós alumnos e alumnas que superen o curso. Ademais, recoñeceránselles cinco créditos de libre configuración ós estudiantes estranxeiros e ós provenientes de fóra de Galicia.

Cómpre aclarar que estes non son os cursos de iniciación e perfeccionamento, que hai anos que non se imparten na USC; as persoas interesadas neses cursos deben dirixirse para solicitar información á Dirección Xeral de Política Lingüística.

Os cursos de optimización lingüística e de deseño de traballos de investigación, que se convocan por quinto ano consecutivo, están pensados para estudiantes que teñen que afrontar a realización dos seus traballos de investigación (sobranceiramente, proxectos de fin de carreira, memorias de licenciatura, teses de doutoramento), e opten por facelo en lingua galega, decisión pola cal poden beneficiarse de axudas da Universidade.

O curso ten unha carga lectiva de quince horas, dedicadas a aspectos relacionados coa composición, elaboración e revisión do traballo, desde as perspectivas lingüístico-comunicacional e de aproveitamento de ferramentas informáticas: forma, estructura, redacción, correctores, etc. A Universidade e a Xunta de Galicia outorgarán un certificado de asistencia.

A demanda destes cursos superou amplamente as expectativas, e de feito a matrícula completouse nas súas trinta prazas, polo cal ficaron persoas interesadas fóra nos dous campus da USC. No caso de Santiago o curso desenvólvese na Aula de Informática dos Servicios Informáticos (no Pavillón de Servicios,Campus Sur) en horario diario de 11 a 12,30 horas; en Lugo, na Aula de Informática da Escola Politécnica Superior, en horario de 9 a 10,30 horas. As clases comezaron oficialmente o 12 de novembro e rematan o 23 do mesmo mes.

Ademais das ditas convocatorias abertas, a Universidade de Santiago, a través do seu Servicio de Normalización Lingüística, organiza cursos xerais de lingua galega para persoal docente e investigador, así como cursos de linguaxe administrativa, lingua oral e reciclaxe para o persoal de administración e servicios, neste caso en colaboración co Servicio de Planificación e Programación de PAS. Sobre toda a oferta de formación en lingua galega pódese obter información máis detallada nesta páxina web do Servicio de Normalización Lingüistica ou nas súas oficinas de Santiago e Lugo.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es