|
As Aulas Informáticas da USC, en galego A USC está a galeguizar as súas Aulas de Informática a través dun programa levado a cabo polo SNL e as propias Aulas que pretende a instalación en todos os ordenadores de que dispoñen dun paquete con tres aplicacións. Unha é o TRAWORDGAL, realizada por A. Gómez Méixome, a versión en galego do TradWordCat (Word en catalán), unha macro que traduce a maioría dos menús do Word97 ou 2000 ó galego. As outras son dous correctores ortográficos para a lingua galega: o GALGO e o 2.MIL, as características dos cales comentamos na sección "Pasa a folla". Calquera deles ofrece as mesmas capacidades cós doutros idiomas para o mesmo procesador de textos. Así, con estes correctores os usuarios e usuarias contan con ferramentas útiles e necesarias para utilizar o galego no soporte informático, polo que cada vez existen menos argumentos para non empregar a nosa lingua. A Universidade sabe que un esteo fundamental para a galeguización é que se introduza o noso idioma en todos os ámbitos posibles e, por suposto, o informático é fundamental no contorno universitario no mundo de hoxe.As Aulas de Informática, logo dun período de proba, garanten a fiabilidade e estabilidade do procesador de Microsoft despois da instalación do TRAWORDGAL. Así pois, a interface de Word de cada un dos ordenadores das Aulas de Informática terá en pouco tempo un aspecto máis próximo e máis amigable. Estaremos a empregar o froito dos esforzos de xente que traballa desinteresadamente para que o galego dea pasos importantes na conquista de espacios dos que ata hai ben pouco estaba ben arredado. Na maior parte dos casos é xente anónima, con traballos e perfís moi diferentes, que se xuntan ó redor de galego21, o galego no terceiro milenio, proxecto onde traballan para galeguizaren programas informáticos de libre distribución. Con moita melodía e pouco bombo teñen xa unha lista cada vez máis completa de programas dos que xa podemos dispoñer gratuitamente. En pouco tempo, galego21 poñerá tamén á nosa disposición a versión en galego e oficial do navegador noruegués OPERA 5.12, un programa que intenta ser a resposta europea dos xa coñecidos EXPLORER e NETSCAPE. A escolla do OPERA por galego21 presenta varios aspectos positivos resumibles en que é fiable, de calidade e é distinto. Este último aspecto dálle coherencia ó traballo de galego21: o traballo pola diversidade desde a diversidade, pois ben se sabe que globalizado non ten por qué ser sinónimo de monopolizado. Unha vez este producto estea dispoñible, o SNL e as propias Aulas de Informática hano instalar nos equipos das Aulas en pouco tempo. Para non se petar..., pódeste pasar ó galego.
|
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |