|
Aprobouse o Plan de Normalización Lingüística da USC O Claustro da USC aprobou por amplísima maioría (177 votos a favor, 2 en contra e 6 abstencións) o Plan de Normalización Lingüística o 16 de outubro. O presidente da Comisión de Normalización Lingüística do Claustro anterior foi o encargado de presentar o Plan, tralo cal se abriu unha quenda de debate, antes de votalo á man alzada. Os antecedentes do PNL remóntanse a 1999, cando o Claustro aprobou por unanimidade crear no seu seo a Comisión de Normalización Lingüística, cun obxectivo fundamental: formular as liñas xerais da política de normalización lingüística para a Universidade ata o ano 2010, así como do seu seguimento e avaliación. A Comisión, formada por seis claustrais representantes do profesorado, tres do estudiantado e un do PAS, e presidida polo anterior vicerrector de Coordinación, partiu dunha fonda análise dos datos do estudio sociolingüístico O idioma na Universidade de Santiago de Compostela. En maio de 2000 a dita Comisión presentou unha primeira versión do Plan, consciente da necesidade de que "o obxectivo da normalización sexa unha empresa asumida colectivamente". Tras escoitar as suxestións da comunidade universitaria, o resultado final é o documento que se pretendía someter á consideración do Claustro na pasada sesión do 18 de decembro de 2001; ó verse esta interrompida no seu desenvolvemento, o Plan quedou pendente de tratar. O PNL configúrase como o primeiro desenvolvemento do Plano Estratéxico da USC, aprobado polo Claustro en 2001, que recolle como un dos obxectivos xerais no eido da docencia, "normalizar e promover o uso da lingua galega de xeito coherente co conxunto dos obxectivos estratéxicos da Universidade". O Plan presentouse como unha proposta enteira e completa, que segue unha liña lóxica e coherente, gradual e progresiva, entre a situación de partida, os obxectivos que se fixan e as medidas que se propoñen. Por outra banda, é un documento que nace da vontade expresada no órgano en que se ve máis representada a comunidade universitaria, o Claustro, e que buscou un amplo consenso na súa elaboración. Aínda que xa está aprobado, cómpre non só unha actitude decidida por parte dos diferentes órganos de goberno universitarios, senón tamén o compromiso da propia comunidade universitaria para levármolo adiante.
|
Neste número:
Obxectivos xerais, específicos e medidas
O Vocabulario de Química (galego-español-inglés)
Convocatoria de cursos de lingua galega para non galegofalantes
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |