|
Para escribirmos en galego: correctores e traductores Despois de quince anos -toda unha eternidade na informática-, de que Microsoft condenara o galego a non estar presente de ningún xeito nos seus programas, os últimos productos deste xigante inclúen de seu un corrector ortográfico no noso idioma. Estámonos a referir ó 2.mil e ó máis recente XP, que facilitan o uso da nosa lingua sen instalar nada: só hai que escoller o idioma galego no menú das ferramentas e premer F7. Deste xeito, ó escribirmos utilizando Word, Access, Excel ou correos no Outlook, o corrector ortográfico xa se pon a traballar automaticamente, subliñando en vermello a palabra errada. Aínda que é un adianto que por fin un corrector ortográfico para o galego estea integrado nos programas informáticos de uso máis estendido, presenta unha pexa, para nós importante: non é está pensado para traballar na realidade social da lingua galega. É moi útil que o corrector Galgo identifique *plantexar como erro e indique como suxestións formular, considerar, etc. O corrector para o 2.mil ou o XP non ofrece esta posibilidade, non atende os problemas de interferencias con outra lingua que padece o galego. Para cantos aínda non dispoñan do 2.mil ou do XP nos seus equipos, velaí están os correctores Allegue, o Corrixe, o Galgo ou o Bemposto. No Cartafol dixital nº 1 (1) publicamos un informe sobre eles. Do galego para o castelán, do castelán para o galego Tamén paseniñamente aparecen ferramentas de traducción automática para o galego, aínda que limitadas ó castelán. Os primeiros traductores foron froito da iniciativa individual e voluntaria, e distribúense de balde a través de Internet. O Proxecto Rianxo (2), de Roberto Abalde, pretende desenvolver un traductor galego-castelán-galego para utilizarse en liña (a través deste mesmo web) ou desconectado da Rede. Pola súa banda, o Taiga (3) é un traductor español-galego, tamén gratuíto, desenvolvido por André Ventas, que traduce arquivos de Word, de HTML, ficheiros de texto e texto que se teclee. A traducción faise á nomativa de mínimos do galego, e ofrece a posibilidade de personalizar certas opcións lingüísticas, así como empregar diccionarios persoais. Pola súa banda, o TraduZa-G (4) é un sistema de traducción automática do español para o galego desenvolvido pola empresa galega Dimensiona. Traduce por frases, non por palabras, cunha de alta calidade, e en varios formatos. A empresa permite probar en liña o traductor a través do seu web; tamén existe a posibilidade de acceder a través do portal Fiestras (5). (1) http://ocartafol.usc.es/pasaafolla.asp?OCartafol=1
|
Neste número:
Aprender informática en galego
Aprende galego a través da Rede
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |