
A lingua materna do 52% dos galegos segue sendo o galego; o 30% aprendeu a falar en castelán, e o 16% nas dúas. O cambio para o galego débese a cuestións persoais (o 60%), ás amizades (o 16%), ao traballo (o 14%) e ao ensino (o 9,7%).
A enquisa de calidade de vida 2003 do IGE alerta do principal problema para a vitalidade do galego: a súa transmisión na familia. O 70,8% dos maiores de 50 anos aprenderon a falar en galego, fronte ao 34% dos menores de 30 anos.
|