Maio do 2004
   Visita os números anteriores
Buscas


10/06/04 Presentación de Windows en galego




Biblioteca Virtual da Literatura Galega






 


Ruxe Ruxe

Un dicionario galego para a telemática (La Voz de Galicia, 17/05/04)

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia reclamou na celebración do Día Mundial das Telecomunicacións, que coincidiu co Día das Letras Galegas, un dicionario galego que substitúa os anglicismos presentes ata agora na linguaxe do gremio.

Corrector para Mac e dicionario de sms en galego (Vieiros, 17/05/04)

Vieiros ofrécenos no seu Especial do Día das Letras Galegas un dicionario coas  abreviaturas máis frecuentes en galego das mensaxes a móbiles e un corrector para Mac, unha versión galega do CocoAspell, realizada por Manel Rives.

Primeiro aniversario de Galicia Hoxe (Galicia Hoxe, 17/05/04)

O único diario escrito integramente en galego cumpriu o seu primeiro aniversario o 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.

Un paso adiante e outro atrás para o galego na UE (Vieiros-Galego.org, 19/05/04)

Á demanda de recoñecemento na UE das linguas cooficiais oponse o Goberno francés, que teme as reivindiciacións dos falantes de bretón, corso e occitano. O PP, pola súa banda, considera inviable o uso do galego na UE.

Tregua no ensino (A Mesa, 13/05/04)

As asociacións convocantes do paro estudantil do 28 de abril polo incumprimento do decreto de uso do galego no ensino, consideran que o labor da Inspección educativa virou significativamente nos últimos días, polo que decidiron outorgarlle á Xunta un "tempo prudencial".

Catalán, vasco e galego, ao Parlamento español (Vieiros-Galego.org, 02/06/04)

O Senado aprobou que se reforme o seu regulamento para posibilitar o uso nas sesións de catalán, vasco e galego. Ademais, usouse no Congreso por vez primeira unha lingua diferente do castelán, cando ERC formula en catalán unha pregunta ao Goberno.

Aproban o uso das linguas oficiais na Xustiza (Galicia Hoxe, 02/06/04)

O Congreso aprobou que se reforme a Lei orgánica do poder xudicial para facer efectivos os dereitos lingüisticos dos cidadáns na Xustiza, mediante a acreditación do coñecemento desta e do dereito propio autonómico en comunidades con lingua propia.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es