
A chegada de estudantes de fóra de Galicia á nosa Universidade adoita utilizarse como escusa para arredar a lingua propia da USC, o galego, da docencia, da publicidade, dos actos oficiais...
Porén os estudantes que chegan á USC fano sabendo que aquí existe un idioma de noso, con referencias sobre el. Máis de cen estudantes teñen interese abondo como para asistiren todos os días ás 8 da mañá aos cursos de non galegofalantes.
|