Xuño do 2005
   Visita os números anteriores
Buscas


19/07/05 Traballando en lingua. Curso de verán sobre dinamización lgca.

22/07/05 Premios á calidade lingüística

03/10/05 Premios a iniciativas normalizadoras




Estatuto xurídico da lingua galega Ferreira, X. e outros (2005): Estatuto xurídico... Xerais






 


¿Sabías que...?

Acentuación e sufixos dalgúns termos científicos

Hai unha serie de erros moi comúns á hora de utilizar termos científicos en galego, relacionados coa súa acentuación e cos sufixos derivativos.

  1. As seguintes palabras son esdrúxulas en galego; trátase de termos cultos que deben conservar a súa acentuación orixinal: electroférese, termóstato, hidrólise, hematócrito, álcali, amálgama, anódino, endócrino, espécime, isóbara, e case todas as rematadas en -lito: teodólito, zoólito, micrólito, aerólito, siderólito, nefrólito, coprólito, fotólito, electrólito...
  2. Pola contra, son graves palabras como parasito (*parásito), que era palabra esdrúxula en grego pero que nos chegou como grave a través do latín, ou atmosfera (*atmósfera), en harmonía con estratosfera, endosfera, ionosfera.
  3. Para indicar que unha cousa ou persoa é "amiga, amante de", usaremos o sufixo -filo e non -fílico: anglófilo, bibliófilo, electrófilo, lipófilo, nucleófilo, zoófilo, necrófilo, hidrófilo, neutrófilo...

 

 



Imprimir

 

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es