
Na USC estudan un milleiro de alumnos doutras comunidades e máis de 500 estranxeiros, grazas ao distrito aberto e aos programas de mobilidade. Saber que case un 20% da docencia se imparte en galego non parece frealos, afortundamente.
Os docentes que deixan de usar o galego na docencia estanse a incrementar, por mor, supostamente, destes estudantes non galegos. Cómpre activar un plan para asegurar os reducidos espazos da nosa lingua e seguir sendo destino de estudantes foráneos.
|