|
Ruxe Ruxe A Xustiza rexeita o La, unha vez máis (Vieiros-galego.org, 16/09/05)
O tribunal do contencioso-administrativo anulou nunha sentenza a decisión do Pleno do Concello da Coruña sobre o topónimo, pois considera que o consistorio non ten competencias para decidir o nome da cidade. O Consello de Europa recomenda un ensino en galeg (Vieiros-galego.org, 23/09/05)
O Consello de Europa publicou un informe que recomenda que o ensino non universitario en Galicia sexa "principalmente en galego", e que se adopten medidas para que os dereitos lingüísticos dos galegofalantes deixen de ser só unha posibilidade teórica. Nace Radiodifusión, novas ondas en galego (A Nosa Terra, 09/10/05)
As Emisoras Municipais Galegas (Emuga) iniciaron o pasado 3 de outubro a emisión conxunta de novos contidos. Radiofusión está comprometido coa difusión do galego entre a xente nova, ofrecérndolles contidos atractivos. Educación: o próximo curso o 50% das clases, en galego (La Voz de Galicia, 11/10/05)
A Xunta fará durante este curso que se cumpra por fin o decreto de 1995, e para o curso que vén comezará a aplicar o Plan de Normalización Lingüística, que prevé que a metade das clases do ensino non universitario se impartan en galego. Os recursos para normalización son insuficientes (Galicia-Hoxe, 21/10/05)
A responsable de Política Lingüística, Marisol López, admitiu que o seu departamento terá dificultades na posta en marcha do Plan xeral de normalización lingüística pola falta de recursos económicos e de persoal.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |