Abril do 2008
   Visita os números anteriores
Buscas


05/05/08 Comunicación de calidade por correo electrónico

09/05/08 Correlingua 2008 en Lugo

10/05/08 Comeza a primeira quenda de exames do Celga

12/05/08 Correlingua 2008 en Santiago

14/05/08 Lingua de amor: remata o prazo

18/05/08 Polo dereito a vivirmos en galego

30/06/08 III Premios de publicidade en galego «Comunicándomos»

24/07/08 IV Premios de calidade e excelencia lingüística

30/08/08 Occitània a pè

19/09/08 Inscrición nas probas dos Celga

20/09/08 Inscrición nos cursos de linguaxe administrativa




digalego: en liña co galego Editorial Ir Indo






 


Pasa a folla

digalego: en liña co galego

Cada vez máis temos que ir afacéndonos a non ter que erguernos para consultar algo. Se cadra as oficinas do futuro nin terán andeis e, se cadra, utilizaranse mesas de escritorio máis pequenas, porque cada vez son máis e mellores os recursos que están en liña. Non podemos ver o futuro e  non se sabe se isto é o principio da fin dos medios clásicos, en papel. Do que temos certeza é que o futuro dun mundo multilingüe, cada vez máis interconectado, pasa por ter ferramentas accesibles e actualizadas e melloradas, que fagan posible traballar en varias linguas.


Supoñemos que con esta idea os responsables de Ir Indo Edicións acaban de publicar en Internet digalego, un dicionario de galego en liña con máis de 65000 entradas baseado na obra que ten publicada a editorial en formato papel. Non só é posible consultalo a través de Internet, senón tamén a través do móbil, grazas a tecnoloxía Wap. Como é lóxico recolle todas as modificacións das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola RAG. Curiosamente, o propio dicionario en liña desta institución non está adaptado aos cambios aprobados hai cinco anos. Non é sen tempo.


Pero digalego é un produto ambicioso e cheo de posibilidades, de feito xa incorpora as etimoloxías e as equivalencias en portugués, castelán e inglés. En breve disporá tamén de sinónimos, antónimos e frases feitas. E, nun futuro próximo, poderanse buscar termos desde o inglés, o castelán ou o portugués. Unha achega moi importante que vai facer moi útil esta ferramenta. Grazas ao dinamismo que permite o feito de estar en soporte dixital, o dicionario vai ser permanentemente actualizado (esta, de feito, é unha versión beta) perfeccionado e ampliado coas achegas dos usuarios. Nós xa facemos unha: as cores escollidas non son as máis adecuadas para ler a información na pantalla; mesmo hai algunha que é difícil de ver.


Contamos, pois, cunha das obras máis completas do mercado lexicográfico galego. Perfeccionable no tempo coas achegas das persoas que fagan uso dela. Teno todo para ser unha obra de referencia. Nos nosos navegadores digalego conta xa cun sitio de preferencia nos nosos favoritos e esperamos tirarlle o máximo partido. Grazas, pois, á editorial polo produto que temos hoxe e, sobre todo, porque, entre todos, acabaremos tendo unha obra mellor e máis útil que, se cadra, nos ha permitir un futuro en galego.



Imprimir

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es