|
Axenda Comunicación de calidade por correo electrónico Comeza este curso do Plan de Formación do PAS, de 10 horas, cuxo obxectivo é mellorar a calidade, efectividade e rigor da comunicación a través dos correos electrónicos. http://www.ti.usc.es/webpas/doc/08FOG012.htm.Correlingua 2008 en Lugo Ás 11:00 sae da Praza de Santa María a carreira non competitiva a prol do idioma dos rapaces e rapazas de ensino non universitario. Ademais da animación do grupo Chévere, resolverase o concurso de pancartas. http://www.correlingua.org.Comeza a primeira quenda de exames do Celga A primeira quenda das probas para obter os certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2008, comeza o día 10 (Celga 4). http://xunta.es/linguagalega/probas_celga.Correlingua 2008 en Santiago Ás 11:30 sae da Praza do Obradoiro a carreira non competitiva a prol do idioma dos rapaces e rapazas de ensino non universitario. Os animadores do acto serán os integrantes do grupo Chévere. http://www.correlingua.org.Lingua de amor: remata o prazo O Consello da Xuventude de Galicia convoca a segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico cun máximo de 350 caracteres, para 2 categorías, 14-19 anos e 20- 30 anos. http://www.cxg.org/comunicacion/noticia.php?id=450&lg=gal.Polo dereito a vivirmos en galego A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha manifestación en Santiago baixo o lema «Polo dereito a vivirmos en galego», un dereito que os poderes públicos deben garantir. http://www.amesanl.org/index.asp.III Premios de publicidade en galego «Comunicándomos» Ata o 30 de xuño, se es estudante da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego. Podes gañar ata 500 euros en metálico! http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm.IV Premios de calidade e excelencia lingüística Ata o 24 de xullo de 2008 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos IV Premios á calidade e á excelencia lingüistica. http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.Occitània a pè O 30 de agosto comeza nos vales occitanos do Piemonte unha ruta a pé que chega o 7 de novembro ao Val de Arán nos Pireneos: 1300 km en 70 xorndas de viaxe para reivindicar a lingua de Òc como patrimonio mundial da humanidade. http://www.chambradoc.it/chambradochome.page.Inscrición nas probas dos Celga Para participar nas probas para a obtención dos certificados de coñecemento de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 na quenda de novembro, cómpre inscribirse antes do 19 de setembro. http://xunta.es/linguagalega/probas_celga.Inscrición nos cursos de linguaxe administrativa A Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan cursos de linguaxe administrativa galega, de nivel medio e superior. Para inscribirse na segunda quenda dos cursos (en outubro) o prazo remata o 20 de setembro. http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/b0c7869283c94291c12573e70055b3c6/$FILE/02700D004P012.PDF.
|
Os aspirantes a mestres e profesores de secundaria deberán non só acreditar o coñecemento da lingua galega nas probas de acceso, senón tamén demostralo vehicularmente no desenvolvemento da proba de didáctica, oralmente e por escrito.
Proporciona a USC as oportunidades para adquirir esas habilidades lingüístico-comunicativas? Preparan as titulacións da USC para dominar a linguaxe de especialidade en galego, por escrito e oralmente, nunha circunstancia tan formal coma esta? |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |