|
Pasa a folla Dicionario ilustrado do comercio A importancia que o mundo económico, empresarial e comercial ten para a promoción do uso do galego é algo que está fóra de toda dúbida. Esa relevancia fixo que o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega o tratase como un dos sete sectores nos que centraba as súas medidas de intervención, ou que desde o executivo se inclúan cláusulas de garantía dos dereitos lingüísticos nas propostas de reformas lexislativas. Nun plano ben diferente, como é o da elaboración de recursos que faciliten o emprego do galego nas relacións comerciais, a Federación Galega de Comercio e a Dirección Xeral de Comercio da Consellaría de Industria e Innovación da Xunta de Galicia, presentaron e distribuíron a finais do pasado 2008 o Dicionario ilustrado do comercio, que agora xa se pode consultar e descargar en versión electrónica. A pesar do seu nome, só dous dos seus cinco bloques de contido –o cuarto e o quinto– se corresponden co que habitualmente entendemos por dicionario ou vocabulario.
Nos catro primeiros a información vai apoiada por ilustracións, pero neste caso o seu valor é tanto ou máis estético –as ilustracións alixeiran e melloran a presentación do traballo, en por si xa moi coidada– ca propiamente informativo, pois non axudan significativamente á hora de identificar os conceptos tratados. En conxunto, trátase dun material interesante para poder potenciar o emprego do galego nas relacións comerciais, sempre que a súa edición se complemente con iniciativas de formación e sensibilización, que integren o léxico e as fórmulas aquí recollidas en estratexias máis completas de atención ao público, e con novas medidas de promoción que incentiven o seu uso.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |