Febreiro do 2009
   Visita os números anteriores
Buscas


06/03/09 Entrega de Premios de Calidade en Ciencias da Educación

09/03/09 Comeza o Obradoiro «Falar ao dereito»

09/03/09 Comeza o Curso de linguaxe administrativa para PAS

25/03/09 Remata a inscrición para os exames dos CELGA

01/04/09 II Ciclo de teatro comunitario: Teatro (é) educación

20/06/09 Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA

24/07/09 Premios á calidade e á excelencia lingüística




Dicionario ilustrado do comercio

Federación Galega do Comercio, DX de Comercio


 


Axenda

Entrega de Premios de Calidade en Ciencias da Educación

Co gallo da celebracion do padroeiro da Facultade de Ciencias da Educación, entregarase os galardóns dos IV Premios á calidade dos traballos académicos.
http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.

Comeza o Obradoiro «Falar ao dereito»

Este obradoiro, eminentemente práctico, ten o obxectivo de mellorar as habilidades orais e argumentativas dos alumnos/as da licenciatura de Dereito http://www.usc.es/snl/forma/descricionfalaraodereito.htm.

Comeza o Curso de linguaxe administrativa para PAS

Co obxectivo de mellorar a calidade dos textos administrativos que se producen na USC, comeza este curso de linguaxe administrativa dirixido ao PAS, na Facultade de Química de 13 a 15 h. http://www1.usc.es/asp/convocatorias.asp?codcurso=09FOG012.

Remata a inscrición para os exames dos CELGA

A primeira quenda de exames realizarase os días 23, 24, 30 e 31 de maio de 2009. Cómpre inscribirse antes do 25 de marzo. Hai unha segunda quenda de exames en novembro. http://xunta.es/linguagalega/noticias/celga.

II Ciclo de teatro comunitario: Teatro (é) educación

Conferencias e representacións a cargo de grupos amadores de teatro son as claves deste segundo ciclo, organizado pola Comisión de Normalización de Ciencias da Educación. O 27 de marzo rematará o prazo de inscrición. http://www.usc.es/fcce/.

Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA

O 20 de xuño remata o prazo de inscrición na segunda quenda de cursos preparatorios dos exames para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga). En xullo e agosto desenvolveranse 40 cursos para preparar os Celga 1, 2, 3 e 4.
http://xunta.es/linguagalega/noticias/celga.

Premios á calidade e á excelencia lingüística

Ata o 24 de xullo de 2009 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos V Premios á calidade e á excelencia lingüistica http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.


Imprimir

 

 

O comisario de Educación da UE, Ján Figel, defende as clases de Erasmus en catalán, e advirte que o programa permite o uso de calquera lingua que se utilice normalmente para ensinar nunha universidade e que «non preferimos un idioma a ningún outro».

Na USC (20% de docencia en galego) estudan máis de mil alumnos/as estranxeiros/as de mobilidade, que fan revivir prexuízos lingüísticos entre algúns docentes, mais tamén experiencias interesantes entre os que deciden apostar polo galego.


Imprimir

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es