Outubro do 2007
   Visita os números anteriores
Buscas


02/10/07 Psicoloxía: Xurado dos premios á calidade lingüística

08/10/07 Dereito: Xurado dos premios á calidade lingüística

15/10/07 Económicas: Xurado dos premios á calidade lingüística

15/10/07 Final da matrícula no Curso de galego para non galegofalantes

15/10/07 IV Premios Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras

16/10/07 Bioloxía: Xurado dos premios á calidade lingüística

16/10/07 Obradoiro de expresión oral para PDI de Económicas

17/10/07 Obradoiro en Dereito de expresión oral para PDI

19/10/07 EU Profesorado Lugo: Xurado dos premios á calidade lingüística

24/10/07 CC. Educación: Xurado dos premios á calidade lingüística

08/11/07 I Premio á excelencia lingüística




Un paseíño polos espazos naturais galegos






 


Pasa a folla

Un paseíño polos espazos naturais galegos

Unha boa forma de comezar o novo curso con folgos renovados é dar un paseíño pola natureza. Pero se non tedes tempo ou gana de facelo fisicamente, invitámosvos a unha camiñada virtual polos espazos naturais galegos aproveitando a información recollida no web da Consellaría de Medio Ambiente.

Podemos comezar achegándonos ao noso único parque nacional ,  ou a calquera dos seis parques naturais. Para cada un deles podemos obter información paisaxística, orográfica e xeolóxica, de flora e de fauna… ou de tipo histórico e etnográfico… Pero ademais, en moitos casos podemos descargar tamén mapas, guías informativas ou de sendas… que nos permitirán planificar e organizar unha hipotética viaxe.

Pero os espazos de interese non acaban aí –evidentemente– e podemos facer tamén unha visita rápida polos monumentos naturais , algún deles tan coñecido e masificado como a Praia das Catedrais , ou polos humidais [sic] protexidos.

De todos os xeitos, unha visión moito máis integral dos espazos de interese natural ofrécenola a sección na que se informa das zonas protexidas ao abeiro da Rede Natura 2000. O mapa dos lugares de importancia comunitaria  (LIC) ofrécenos unha radiografía das principais zonas con valor ecolóxico do país, e permítenos aos profanos descubrir lugares como a Fraga da Marronda, os Sobreirais do Arnego ou o Monte Maior, por poñer só tres exemplos. Para facilitar a busca podemos recorrer tamén a un mapa de situación , pero ten un funcionamento tan complexo e arrevesado, que desanima ao máis paciente.

Se despois desta visita virtual máis “técnica” e académica vos apetece achegarnos en persoa, lembrade que o outono é un dos mellores momentos, así que… calzar as botas e a camiñar!



Imprimir

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es