|
Ruxe Ruxe O OpenOffice en galego factura oito millóns ao ano (Vieiros, 28/08/07)
Esta é a cantidade que se terían gastado os 42.000 galegos que baixaron o paquete gratuíto de ter comprado o Microsoft Office. Galicia Bilingüe pretende botar abaixo o decreto no TSXG (Vieiros, 28/08/07)
Esixe que Educación suspenda cautelarmente a norma que ten que entrar en vigor en setembro mentres que os tribunais non se posicionen. O Consello de Europa propón un ensino esencialmente en galego (Vieiros, 12/09/07)
O comité de expertos analizou coa Xunta e co observatorio impulsado pola Mesa o cumprimento da Carta Europea das Linguas no país. Haberá tradutor automático inglés-galego en liña e de balde (Xunta de Galicia, 10/09/07)
Anúnciase a contratación da subministración dun sistema de tradución automática do galego ao castelán e ao inglés e deste idioma ao galego. A Administración autonómica investirá máis de 300.000 euros. As galescolas e o decreto do galego, avances na Carta Europea (Galicia Hoxe, 14/09/07)
Os representantes galegos na reunión dos observatorios do galego, vasco e catalán cunha delegación do Comité de Expertos do Consello de Europa, destacaron os pasos dados desde a Xunta coas galescolas e co decreto de galego no ensino. Galego, catalán e vasco terán presenza na Administración Xeral (La voz de Galicia, 15/09/07)
O Goberno central impulsa a creación do Consello de Linguas Oficiais para cumprir as esixencias de Europa. Política Lingüística e Educación presentan o material didáctico (Galicia Hoxe, 19/09/07) A Xunta comezou a distribuír onte o material didáctico de apoio ao tempo que se iniciou o primeiro dos cursos de formación en galego co fin de "dinamizar" a implantación do Decreto do Galego no Ensino. Amoestados 120 colexios por non cumpriren co galego (Galicia Hoxe, 21/09/07)
A Consellería de Educación sancionou uns 120 colexios por incumprir a normativa do galego nas clases o ano pasado, e comunicoulles que, de perdurar o incumprimento, se lles abriría un expediente disciplinario.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |