|
Ruxe Ruxe Preséntase as novas probas para a lingua galega (Galicia Hoxe, 01/04/06)
A adaptación do galego ao marco común europeo de referencia para a avaliación de competencias deu un novo paso coa presentación do modelo de exame A2, correspondente a un coñecemento inicial da lingua. A USC galeguiza a Nouvelle Encyclopédie de Bioéthique (Xornal da USC, 05/04/06)
O Servizo de Publicacións da USC editou na colección Lingua Franca a Nova Enciclopedia de Bioética, unha tradución ao galego dirixida polo profesor Luís García Soto da orixinal francesa de 2001. Non existe tradución a outras linguas do Estado. Únense para pular polo dominio galego «.gal» en Internet (La Voz de Galicia, 07/04/06)
Unha ducia de entidades forman a promotora da Asociación PuntoGal, cuxo obxecto é conseguir o dominio .gal como espazo propio en Internet para a cultura e a lingua galegas diante da ICANN. Aulas en galego para os máis cativos (Vieiros:galego.org, 27/04/06)
Desde o curso 06-07, dez centros escolares galegos poderán ofertar experimentalmente e se así o solicitan os consellos escolares, o ensino exclusivamente en galego para a etapa de educación infantil (3-6 anos), se contan con dúas unidades por curso. Máis internet, máis galego, máis futuro (Xunta, 02/05/06)
A Consellaría de Industria celebra este ano conxuntamente os días das Letras, das Telecomunicacións e de Internet para reflexionar sobre a normalización da nosa lingua nas tecnoloxías da Rede, cun programa de actividades. O TSXG anula outra ordenanza de normalización (La Voz de Galicia, 04/05/06)
O TSXG considera ilegal que na ordenanza de normalización lingüística do Concello das Pontes se estableza que «o galego, como lingua propia de Galicia, é o idioma oficial do Concello das Pontes de García Rodríguez».
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |