Abril do 2006
   Visita os números anteriores
Buscas


08/05/06 Exames para non galegofalantes

08/05/06 Actualización á normativa da lingua galega

18/05/06 A USC homenaxea a Lugrís Freire

22/07/06 II Premios á calidade lingüística

30/09/06 I Premios de publicidade en galego “Comunicándomos”




Lexislación estatal en galego en Internet






 


¿Sabías que...?

Problemas verbais

*Collimos, *rompimos

Son formas espurias que hai que desbotar da fala e da escrita da nosa lingua. A primeira persoa do plural do pretérito perfecto dos verbos da segunda conxugación (os acabados en –er), por exemplo, coller e romper, mantén o e da conxugación, que é pechado, é dicir, como o de vez). Así diremos e escribiremos collemos e rompemos en frases do tipo Onte collemos unha boa chea ou Rompemos aquel pacto porque non se cumpría.

*He dito, *había dito

Son dous exemplos de formas ilexítimas en galego hoxe, que por influencia do castelán están substituíndo, incluso en galegofalantes de sempre, as formas propias do perfecto e do pluscuamperfecto galegos, dixen e dixera. Son inadmisibles frases como He dito o que tiña que dicir ou A min xa mo había dito teu irmán, no canto das correctas Dixen o que tiña que dicir e A min xa mo dixera teu irmán.

*Produxo, *conduxo

Son calcos aberrantes das formas castelás produjo e condujo, do perfecto dos verbos conducir e producir que en español son verbos irregulares neste tempo verbal. Porén en galego, estes verbos rematados en –ucir son plenamente regulares e conxúganse produciu e conduciu.

*Durmes, *tuses

Son formas incorrectas na nosa lingua. Malia presentaren u o infinitivo destes verbos, o presente de indicativo na súa segunda persoa do singular e na terceira do singular e do plural conxúganse con o, un o aberto coma o de voz: durmo, dormes, dorme, durmimos, durmides, dormen, e tuso, toses, tose, tusimos, tusides, tosen. Un certo número de verbos galegos seguen este modelo: cubrir, descubrir, encubrir, recubrir, fuxir, lucir, deslucir, relucir, muxir, sufrir...

*Eres

Cómpre refugar esta forma para a segunda persoa do presente de indicativo do verbo ser, que está a substituír a forma propia es. Xa que logo debemos dicir Es ben preguiceiro, ho.



Imprimir

 

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es