Abril do 2007
   Visita os números anteriores
Buscas


04/05/07 O Correlingua chega a Compostela

07/05/07 Cursos de redacción e deseño

08/05/07 O Correlingua chega a Lugo

14/05/07 O modelo lingüístico escolar en Galicia

15/05/07 Perspectivas do galego no ensino non universitario

15/05/07 Lingua de amor

16/05/07 Lectura colectiva de textos literarios

24/05/07 Premios á calidade e á excelencia lingüística

01/09/07 Cursos de linguaxe administrativa

30/09/07 Enfoca o galego

30/09/07 II Premios de publicidade: Comunicándomos




Un mundo de linguas para aprender Linguanet






 


Ruxe Ruxe

O dereito de expresarse en galego recollerase nos convenios (Galicia Hoxe, 12/04/07)

O Parlamento aprobou que a Xunta se dirixa a sindicatos, comités de empresa, asociacións patronais e Consello Galego de Relacións Laborais para introducir os dereitos linguísticos como cláusula de oficio en todos os convenios colectivos.

As galescolas terán material didáctico en lingua galega (Galicia Hoxe, 13/04/07)

A secretaría xeral de Igualdade e a Asociación Galega de Editores (AGE), asinaron un convenio polo que se comprometen a desenvolver accións de fomento e promoción da difusión de material didáctico en galego nas galescolas.

A UE medirá en 2009 o nivel de idiomas dos adolescentes europeos (El País, 17/04/07)

Na primeira vaga de probas (2009) os exames medirán o nivel de lectura, comprensión oral e escrita duns 5000 mozos por Estado membro no primeiro e segundo idioma máis ensinados na UE: inglés, francés, alemán, español e italiano.

Carballo recorrerá a suspensión dunha oposición (Vieiros, 20/04/07)

O alcalde de Carballo anunciou que recorrerá a suspensión da oposición a asesor urbanístico que decretou un xulgado da Coruña. O proceso fora denunciado polo PP, que consideraba discriminatorio que a proba de galego fose eliminatoria.

Erasmus e Séneca: a desgaleguización da Universidade (A Nosa Terra, 20/04/07)

Cada ano, estudantes de fóra chegan ás universidades galegas entre tres e doce meses. Pero a súa presenza está a provocar tamén un resultado imprevisto: a castelanización dalgunhas das clases e actividades que se impartían en galego.

Un convenio con Industria porá na rede o traballo do ILG (Vieiros, 20/04/07)

A Consellería de Innovación e Industria achegará 90000 euros para a dixitalización e informatización dos materiais lingüísticos do Instituto da Lingua Galega e a difusión a través da rede dos resultados.

Policías e gardas, en galego (La Voz de Galicia, 20/04/07)

Na presentación da campaña «En galego, con toda seguridade», promocionada pola AFNL, os máis altos cargos no país da Guarda Civil e das policías exaltaron o idioma e fixeron público o compromiso de usalo máis na súa actividade profesional.

Novos produtos audiovisuais en lingua galega para o público infa (Novas da Xunta, 25/04/07)

Política Lingüística facilita a versión en galego de varias películas de animación infantil. Doraemon e Shin Chan, cos que están familiarizados os nenos e nenas, manterán as súas voces galegas nas novas longametraxes.

O 38 por cento dos inmigrantes xa fala o galego (Galicia Hoxe, 27/04/07)

O 38% dos inmigrantes fala galego e do resto, máis da metade pretende aprendelo.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es