|
Axenda O Correlingua chega a Compostela Correndo, andando, soñando, falando... vas pola vida galegando. Vas pola vida en galego. Tal é o lema do Correlingua, que rematará na Praza do Obradoiro co Xabarín Club, osTonechos, Chévere, Ppablo e os Ghazafellos. http://www.correlingua.org.Cursos de redacción e deseño Do 7 ao 18 de maio podes matricularte nestes cursos, validables por 1 crédito de libre configuración, dirixidos aos estudantes que desexen mellorar a calidade formal dos seus traballos. As clases comezan o 21 de maio e rematan o 8 de xuño. O Correlingua chega a Lugo Correndo, andando, soñando, falando... vas pola vida galegando. Vas pola vida en galego. Tal é o lema do Correlingua, que rematará na Praza de Santa María co Xabarín Club, osTonechos, Chévere, Ppablo e os Ghazafellos. http://www.correlingua.org.O modelo lingüístico escolar en Galicia Conferencia de Agustín Fernández Paz en CC. da Educación- Campus Norte, ás 19:00 h. Organizada pola Comisión de Normalización Lingüística de CC. da Educación Perspectivas do galego no ensino non universitario Táboa redonda coa participación de representantes da Secretaría Xeral da Igualdade, da Consellaría de Educación, así como de Lois Trigo (CEIP López Ferreiro), e Franciso García Veiga (IES de Melide). CC. da Educación (Campus Norte) ás 19:00 h Lingua de amor Se escribes unha mensaxe amorosa en galego cun máximo de 150 caracteres e a envías ao concurso Lingua de amor, organizado polo Consello da Xuventude, podes gañar unha videocámara, unha cámara, un MP4 e lotes de libros en galego. http://www.cxg.org/comunicacion/noticia.php?id=251&lg=gal.Lectura colectiva de textos literarios A CNL de CC. da Educación organiza esta lectura de textos literarios coa participación de alumnado e profesorado da Facultade. Desenvolverase nas dúas sedes (campus norte e sur) ás 13:00 h. http://www.usc.es/fcce/organizacion/com_xunt.htm.Premios á calidade e á excelencia lingüística Ata o día 24 de xullo os estudantes que fagan un traballo académico con calidade abonda en lingua galega poderán presentalo aos III Premios á calidade lingüística e I Premio á excelencia lingüistica. Ata 600 euros en premios! http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.Cursos de linguaxe administrativa Se, preferentemente, traballas nunha administración pública en Galicia, podes inscribirte do 1 ata o 20 de setembro nos Cursos de linguaxe administrativa (nivel intermedio) que se celebrarán nas escolas de idiomas de Galicia entre outubro e xaneiro. http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/cursos_eoi.pdf.Enfoca o galego Para participares no concurso Enfoca o galego, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística deberás enviar unha foto (máximo de 800x600 píxeles e 400 Kb) que simbolice, na túa perspectiva, a lingua galega, antes do 30 de setembro. http://www.galegoelogo.com/concursofoto/ventana_bases.html.II Premios de publicidade: Comunicándomos Ata o 30 de setembro, se es membro da comunidade universitaria da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego. Podes gañar ata 500 euros en metálico! http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm.
|
A USC proponlle á ACSUG que na avaliación de méritos docentes –cando menos para o recoñecemento da excelencia curricular- se teña en conta a utilización da lingua galega na docencia e na investigación.
Se cadra, a USC debería seguir afondando de seu na posta en marcha de medidas que fomenten o uso da lingua galega na docencia e na investigación, como as recollidas no Plan de Normalización Lingüística da nosa universidade. |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |