Decembro do 2007
   Visita os números anteriores
Buscas


10/12/2007 Comezan os cursos de redacción e deseño

08/02/08 Matrícula nos cursos para non galegofalantes

24/07/2008 Premios de calidade e excelencia lingüística




... 98, 99 e… 100! Cinco anos de «precisións» Un idioma preciso






 


Ruxe Ruxe

O uso do galego é básico para traballar nas galescolas (La Voz de Galicia, 16/10/2007)

A Vicepresidencia da Xunta xustifica as entrevistas orais na selección de persoal para as Galescolas porque é «básico» que os aspirantes acrediten o dominio oral da lingua galega.

O encerado electrónico tamén para aprender galego (El Correo Gallego, 16/11/2007)

Galicia suma máis de mil encerados electrónicos nos centros públicos, unha ferramenta con múltiples posibilidades, e proximamente contará con recursos para aprender a ler e escribir en galego.

A Xunta fomenta o uso do galego nos campus universitarios (Vieiros, 19/11/2007)

Política Lingüística reparte nos campus universitarios información sobre recursos para fomentar o uso do galego entre a xuventude, baixo o título «Cousas para saíres dun apuro».

«Harry Potter», en galego dende o 21 de febreiro (El Correo Gallego, 20/11/2007)

«Harry Potter e as reliquias da morte, sétima e derradeira entrega da saga, publicarase asemade en castelán, catalán e galego, e sairá á venda en febreiro de 2008.

Coordinación da normalización da lingua no ensino (Vieiros, 21/11/2007)

Na xuntanza da conselleira de Educación coa CIG-Ensino tratouse a proposta do sindicato de que unha subdirección xeral de Normalización coordine, entre outros, a aplicación do decreto da lingua.

Os rapaces reivindican a tradición oral galego-portuguesa (Vieiros, 26/11/2007)

Máis de 2000 rapaces encheron as pontes sobre o Miño nunha nova campaña de Ponte nas Ondas para lograr o recoñecemento de Patrimonio Inmaterial da Humanidade

Servizo da Mesa para tramitar queixas e consultas (La Voz de Galicia, 26/11/2007)

A Mesa pola Normalización Lingüística botou a andar «A liña do Galego», un servizo que tramitará queixas e consultas sobre os dereitos lingüísticos dos cidadáns.

Máis de 500 persoas examínanse do Celga 1 (La Opinión, 28/11/2007)

Un total de 534 persoas examinaranse o 1 de dicembro dos primeiros exames oficiais do nivel 1 do novo sistema de certificación de coñecemento do galego, o Celga.

As administracións esixen incrementar o uso do galego (Galicia Hoxe, 30/11/2007)

Nas conclusións do I Encontro de Política Lingüística das administracións locais da provincia da Coruña destacan a obriga dos concellos de promocionaren o uso e prestixio do galego e de garantiren os dereitos lingüísticos dos cidadáns.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es