|
Axenda Comezan os cursos de redacción e deseño Comezan as sesións presenciais deste curso cuxo obxectivo é mellorar as habilidades comunicativas dos estudantes para presentaren traballos académicos e de investigación con calidade formal. http://www.usc.es/snl/forma/redaccion.htm.Matrícula nos cursos para non galegofalantes Do 8 ao 22 de febreiro será o prazo para matricularse nos cursos de lingua galega para non galegofalantes, que serven para preparar o certificado de coñemento da lingua galega correspondente ao nivel 1 (CELGA 1). http://www.usc.es/idiomas/galego/info_gal.htm.Premios de calidade e excelencia lingüística Ata o 24 de xullo de 2008 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos IV Premios á calidade e á excelencia lingüistica.
|
O plurilingüismo comeza a estenderse paseniñamente polo ensino non universitario, ao tempo que a lingua galega tamén se utiliza máis. Os nosos rapaces e rapazas han saír máis preparados para camparen polo mundo, sen esqueceren a súa identidade.
Na USC non avanza nin o bilingüismo. Mesmo semella que o galego retrocede en eidos en que unha normativa regula especificamente o seu uso. Cada día son máis os folletos e carteis, para promoción na USC, que se publican só en castelán. |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |