Xaneiro do 2009
   Visita os números anteriores
Buscas


30/01/09 Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA

05/02/09 Matrícula nos cursos de galego para non galegofalantes

21/02/09 Día Internacional da Lingua Materna

25/03/09 Remata a inscrición para os exames dos CELGA

20/06/09 Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA

24/07/09 Premios á calidade e á excelencia lingüística




O Herbario SANT http://www.usc.es/herbario/






 


Ruxe Ruxe

O Dicionario Xurídico en galego será realidade en 2010 (Galicia Hoxe, 27/01/09)

A Xustiza, un dos ámbitos onde a normalización lingüística presenta maiores eivas, contará en 2010 co primeiro dicionario xurídico en lingua galega, unha achega fundamental para garantir o dereito dos cidadáns a ser atendidos na nosa lingua.

A guerra contra o galego tropeza nos tribunais (O Xornal, 22/01/09)

O xulgado do contencioso-administrativo nº 3 da Coruña botou por terra o recurso da Asociación Gallega para la Libertad de Idioma (AGLI), contra un proceso selectivo da Xunta que inclúe un exame para realizar en lingua galega.

O éuscaro será lingua vehicular principal en infantil (A Nosa Terra, 21/01/09)

O Goberno vasco aprobou o decreto que estabelece o éuscaro como lingua vehicular principal na educación infantil, completando as actuacións da Consellaría de Educación.

Xarmenta reclama apoio para o galego do Bierzo (Galicia Hoxe, 19/01/09)

A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta, na entrega dos seus premios anuais pola súa promoción da lingua e a cultura galega, avogou por seguir axuntando forzas e traballando para pór en valor a lingua galega.

O portugués, materia obrigatoria nas escolas arxentinas (Vieiros, 09/01/09)

Coa integración co Mercosur como fondo, o Senado arxentino aprobou a iniciativa que establece a oferta obrigatoria do ensino do portugués na secundaria e como optativa en primaria nas escolas das provincias fronteirizas co Brasil.

Profesores de 18 países crearán blogs de ensino do galego (Xornal, 28/12/08)

No encontro de profesores de galego de todo o mundo organizado pola SXPL estudarase a posibilidade de poñer en marcha blogs didácticos de ensino na rede que aumenten a proxección do galego.

25 anos de inmersión lingüística en catalán (A Nosa Terra, 21/12/08)

O primeiro programa de inmersión lingüística planificado pola Generalitat botou a andar no curso 83-84 para reforzar a aprendizaxe da lingua nos centros educativos de dominio castelán.


Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es