Xaneiro do 2009
   Visita os números anteriores
Buscas


30/01/09 Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA

05/02/09 Matrícula nos cursos de galego para non galegofalantes

21/02/09 Día Internacional da Lingua Materna

25/03/09 Remata a inscrición para os exames dos CELGA

20/06/09 Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA

24/07/09 Premios á calidade e á excelencia lingüística




O Herbario SANT

http://www.usc.es/herbario/


 


Axenda

Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA

O 30 de xaneiro remata o prazo de inscrición na primeira quenda de cursos preparatorios dos exames para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga). O 9 de marzo comezan 50 cursos en 20 localidades para a preparación dos Celga 1, 2, 3 e 4. http://xunta.es/linguagalega/noticias/celga.

Matrícula nos cursos de galego para non galegofalantes

Do 5 ao 25 de febreiro poderase formalizar a matrícula na segunda quenda dos cursos de lingua galega para non galegofalantes (niveis A1 e A2) que se desenvolverán a partir do 25 de febreiro. http://www.usc.es/idiomas/galego/cal_gal.htm.

Día Internacional da Lingua Materna

Este Día Internacional commemórase desde febreiro de 2000 co obxectivo de promover a diversidade lingüística e cultural e o plurilingüismo. .

Remata a inscrición para os exames dos CELGA

A primeira quenda de exames realizarase os días 23, 24, 30 e 31 de maio de 2009. Cómpre inscribirse antes do 25 de marzo. Hai unha segunda quenda de exames en novembro.
http://xunta.es/linguagalega/noticias/celga.

Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA

O 20 de xuño remata o prazo de inscrición na segunda quenda de cursos preparatorios dos exames para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga). En xullo e agosto desenvolveranse 40 cursos para preparar os Celga 1, 2, 3 e 4. http://xunta.es/linguagalega/noticias/celga.

Premios á calidade e á excelencia lingüística

Ata o 24 de xullo de 2009 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos V Premios á calidade e á excelencia lingüistica. http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.


Imprimir

 

 

Non cremos que o feito de que Galicia estea por riba da media española nos indicadores de calidade da educación de 2007, igual que os do País Vasco, Navarra ou Cataluña se deba ás linguas en que se imparte a docencia...

Hai quen se empeña en resucitar vellos prexuízos, como vincular un suposto fracaso escolar e unha política lingüística a prol do galego. Aprender en dúas linguas ou máis, as que sexan, non é malo, senón recomendable e mesmo necesario.


Imprimir

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es