Marzo do 2004
   Visita os números anteriores
Buscas


13/04/04 Comeza o curso de redacción e deseño




Krásy a Tajemství Ceské Rep. Belezas e misterios da Rep. Checa Bohumil Vurm. Centro de Linguas Modernas da USC






 


Ruxe Ruxe

Os colexios relixiosos fomentan o galego cun plan (Faro de Vigo, 10/03/04)

Os centros comezarán un proceso planficado para que toda a documentación se tramite en galego, organizaranse cursiños para mellorar as capacidades de profesores e traballadores, e faranse campañas de sensibilización para o alumnado.

O irlandés achégase á oficialidade na UE (Vieiros, 30/03/04)

Ata agora, o irlandés é unha lingua do Tratado, polo que só se traducen a el os escritos finais, pero non así os asuntos cotiáns. Tal situación podería mudar se prospera unha campaña a prol do recoñecemento do irlandés como lingua oficial na UE.

O 10% dos empregados cre que o galego non é válido nas empresas (Galicia Hoxe, 19/03/04)

O galego tamén é a lingua de uso maioritario na empresa: máis do 75% dos entrevistados utilizan entre eles o galego como único idioma ou na maioría dos casos, unha porcentaxe que descende entre os cargos directivos, segundo o estudo Lingua e empresa en Galicia.

Ribadeo aproba unha ordenanza de normalización lingüística (La Voz de Galicia, 17/03/04)

O pleno da corporación de Ribadeo aprobou unha ordenanza municipal que regula o uso do idioma galego na administración municipal, de xeito que se converta en lingua de uso preferente. Para elaborala tomouse como base un modelo elaborado pola Xunta en 1995.

O web da UE, en vinte linguas (Vilaweb, 25/03/04)

Dende marzo o web da UE  publícase tamén nas linguas oficiais dos estados que se van integrar o 1 de maio: checo, eslovaco, esloveno, estoniano, húngaro, letón, lituano, polaco e maltés. Esta derradeira lingua conta con 400.000 falantes.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es