|
Ruxe Ruxe O EBLUL detecta un aumento no racismo lingüístico (Vieiros, 18/09/08) Logo da xuntanza mantida en Gdansk (Polonia), a Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL) xa deu a súa diagnose: estase a producir un aumento na incomprensión e animadversión cara as linguas ameazadas. A Comision Europea avala a inmersión lingüística (A Nosa Terra, 23/09/08) A Comisión Europea recomenda a inmersión lingüística na UE, a promoción do bilingüismo pasivo e a xestión dos conflitos lingüísticos para promover o multilingüismo, o coñecemento doutras linguas europeas e protexer as linguas minorizadas. O Sergas promete darlle pulo á normalización do galego (Vieiros, 25/09/08) Sanidade asegura que existe un compromiso para normalizar o uso do galego no sistema público, como demostran os avances na edición de documentos, nas aplicacións informáticas, ou o convenio coa USC para elaborar un vocabulario de medicina en galego. O galego afíncase no Bierzo malia as pexas de varios colexios (El Correo Gallego , 29/09/08)
A cifra de alumnos matriculados na materia supera xa o milleiro. Na comarca berciana, corenta mil veciños empregan o idioma galego na súa vida diaria. Curso para aprender a 'Cantar na nosa lingua' (El Correo Gallego, 12/10/08)
A segunda edición do curso de Educación Musical «Cantar na nosa lingua», dirixido a profesores de primaria, promovida pola UCETG en colaboración co Conservatorio Histórico de Santiago, fomenta o uso o galego a través da música. Casar en galego entra nas listas das empresas do sector (Galicia Hoxe, 15/10/08) Baixo o lema «Casa co galego» as empresas de servizos nupciais, co apoio da SXPL, comprométense a que todas as comunicacións dunha voda e o material promocional das empresas, serán en galego. Sánchez Piñón dille ao PP que o decreto é un reflexo do Plan (Galicia Hoxe, 16/10/08) A conselleira de Educación recordou que o Decreto do galego no ensino reflite fielmente o Plan de Normalización Lingüística acordado no Parlamento por todos os grupos en 2004 e non di nin unha palabra máis nin unha palabra menos. As axudas para os xornais en galego, tamén para os gratuítos (Vieiros, 17/10/08) O Consello da Xunta aprobou a modificación do decreto que regula as subvencións públicas para as publicacións monolingües no noso idioma, de xeito que se poidan acoller os xornais gratuítos escritos integramente en lingua galega. Mercar e vender en galego (Galicia Hoxe, 20/10/08)
Publícase o primeiro «Dicionario ilustrado do comercio» na lingua do país para fomentar o seu uso normalizado nestas transaccións. O material é ameno, combina textos, ilustracións, viñetas e arredor de 2.000 entradas ao longo das súas 300 páxinas.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |