|
Axenda Exames do Celga 4 Comezan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, da quenda de novembro-decembro do ano 2008. No web dos Celga atoparás toda a información que necesitas, tamén dos restantes niveis. Resolución dos V Premios Luísa Villalta Reúnese na Universidade da Coruña o xurado que decidirá os traballos premiados nas dúas categorías do concurso: propostas de campaña de normalización lingüística, ou artigos xornalísticos sobre o tema. http://www.udc.es/snl/convocatoriaspdf/PremioLuisaVillalta_2008.pdf.V Xornadas «Lingua e Usos»: Lingua e docencia universitaria As V Xornadas Lingua e Usos da UDC celebraransae arredor do eixo «Lingua e docencia universitaria», no Paraninfo da UDC os días 12, 13 e 14 de novembro. A inscrición faise no web do SNL de balde. http://www.udc.es/snl/dinamiza_xorna.html.Xurado e entrega dos III Premios de Publicidade en ADE Reúnese en ADE o xurado dos III Premios de Publicidade. A seguir, entregaranse os galardóns, e impartirá unha conferencia o profesor de Comunicación Audiovisual Alejandro Vázquez, gañador da última edición dos Premios Eganet de publicidade en liña. http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm.Contra a violencia, recuperarmos a lingua A Universidade da Coruña, o Concello e a Deputación da Coruña organizan para o 25 de novembro unha lectura pública de textos de compromiso cos principios de denuncia e erradicación de toda violencia contra as mulleres. http://www.udc.es/snl/dinamiza_25_novembro.html.Curso de traballos académicos e de investigación A matrícula nos cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación, dirixidos ao alumnado da USC, faise a través de Internet entre o 24 de novembro e o 3 de decembro. http://www.usc.es/snl/forma/redaccion.
|
O Premio Nacional de Ensaio que outorga o Ministerio de Cultura recaeu, por vez primeira, nunha obra escrita nunha das linguas oficiais do Estado que non é o castelán: o galego. Parabéns ao profesor Beramendi, catedrático desta Universidade.
Na USC séguese recibindo queixas porque intervencións públicas de cargos universitarios ou comunicacións oficiais da USC dirixidas ao propio ámbito universitario semellan ignorar que a lingua en que o deben facer é o galego. |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |