Xaneiro do 2005
   Visita os números anteriores
Buscas


07/02/05 Matrícula nos cursos para non galegofalantes




Dicionario visual da construción Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia






 


Ruxe Ruxe

Prepárase un tradutor simultáneo das linguas do Estado (La Voz de Galicia, 19/01/05)

A Universidade de Vigo e a empresa Imaxin Software son as participantes galegas no proxecto de tradutor informático simultáneo galego, catalán, euskera e castelán, que patrocina o ministerio de Industria no marco do Plan Nacional de I+D+i, que sairá ao mercado en un ano.

Preséntase o Plano de Normalización da Lingua (A Nosa Terra, 27/01/05)

Presentouse o Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega. O apoio das tres forzas políticas parlamentarias fai que xurda coas mellores expectativas. Pero o apoio das administracións é imprescindíbel.

As propostas para o novo Estatuto de Cataluña (Vieiros/galego.org, 14/01/05)

Ademais da obrigatoriedade da etiquetaxe en catalán para os produtos que circulen polo Principado, e tamén do deber xeral de coñecer o catalán, o bosquexo estabelece esta lingua como primaria na administración de Xustiza.

Unha sentenza invalida a oficialidade do galego en Naró (A Nosa Terra, 13/01/05)

O máximo órgano xudicial galego entende que son inconstitucionais tres artigos que atinxen a obrigatoriedade lingüística das empresas que teñen relacións co concello.

A avogacía galega, en galego (Centro de Documentación Sociolgca. de Galicia, 23/12/04)

O Consello da Avogacía Galega aprobou o seu código deontolóxico, e nel  comprométense a impulsar a normalización do uso do galego na Administración de Xustiza e nalgúns servizos que prestan sempre que o cliente así o demande.

Reclaman o soporte galego para Java (Vieiros/galego.org, 05/01/05)

Un grupo de programadores galegos acaba de solicitarlle á multinacional Sun, propietaria da linguaxe java, que inclúa como soporte local a versión en galego gl_ES.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es