Tipo de actividade:
Exhibicion e Obradoiro. A maxia como recurso didáctico
na matemática.
Profesorado:
Pedro Alegría Ezquerra
http://www.ehu.es/~mtpalezp/
Dep. de Matemáticas, Univ. País Vasco.
Juan C. Ruiz de Arcaute Cantera
Asociación de Ilusionistas de álava.
Data e lugar de celebración:
12 e 13 de decembro de 2007
de 16 a 17 horas:Exhibicion de Máxia.
Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
12 e 13 de decembro de 2007 de 17 a 21
horas:Obradoiro de Máxia.
Aulas 9 e 10 da Facultade de
Matemáticas.
Duración:
10 horas.
Orientación:
ámbito da educación matemática, e ten
por obxecto dotar a actuais e futuros profesores de secundaria
de novos recursos docentes cos que promover dende a aula a
apreciación social por esta disciplina.
A primeira hora de exhibición estará aberta ao público en xeral.
Prazas:
Exhibición: 140 prazas público en xeral +
60 prazas participantes no obradoiro.
Obradoiro: 60 prazas divididas da seguinte forma:
50 Alumnos/as da licenciatura de Matemáticas.
(Teráprioridade o alumnado de 4º e 5º ano e o seu expediente
académico).
10 Licenciados/as en Matemáticas.
(Terá prioridade a orde de inscrición).
De non esgotarse
algunha das categorías, completaríase coa outra.
Recoñecemento:
Outorgarase 1 crédito de Libre Elección para
a Licenciatura de Matemáticas e un diploma acreditativo
da asistencia.
Para superar o curso, o alumnado terá que acreditar a súa
asistencia a tódalas sesións, para o que deberá acudir coa
súa tarxeta universitaria. Ademais deberá desenvolver o traballo
establecido nas mesmas, e ao remate de cada sesión terá que
cubrir unha proba de avaliación tipo test, así como unha enquisa
de satisfacción.
|