Other event

CientífiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS

10-02-2025

Coa declaración do 11 de febreiro como Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia, a ONU busca lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais de procurar o seu apoderamento e a igualdade de xénero.

No CiQUS, aproveitamos esta oportunidade para poñer en valor o traballo das nosas investigadoras e ofrecer a estudantes de bacharelato referentes femininos no ámbito científico. A través deste encontro, buscamos fomentar a curiosidade e o interese pola investigación no alumnado.

Os participantes coñecerán a investigación que realizan as mulleres no CiQUS, adentrándose nos laboratorios do centro onde serán recibidos por investigadoras que se atopan en distintas etapas da súa carreira profesional e que compartirán a suas experiencias cos máis novos. A maiores, o alumnado tamén poderá percorrer as instalacións e coeñecer o equipamento científico do centro.

CientífiQas: Ciencia feita por mulleres no CiQUS

10:00 – 10:30 Benvida e presentación da xornada
Dolores Pérez, Directora adxunta do CiQUS

10:30 – 11:30 Encontros con investigadoras

  • Un Lego molecular para construír moléculas grafénicas: Dolores Pérez (IP), Silvia Castro, Ana Rita Monteiro, Valentina Malavé, Lucía Gómez
  • Nano-ferramentas en acción: transformando a bioloxía e a medicina: Ester Polo (IP), Giulia Zampini, María Aguilera.
  • Científicas ConCiencia - do matraz á vida: María Tomás (IP), Alba Casas Pais, Cinzia D'Avino, Uxía Deus Lorenzo, Laura Goicoechea Crespo, Clara López de Aguilera Bustero, Celia Mayer Mayer, Laura Parada Pérez, María Puente Calvo, Ximena Sánchez Iglesias, Alejandra Vale Gómez, Lara Villarino Palmaz
  • Antibióticos de Precisión - do Deseño á Práctica: Concepción González (IP), Mª Carmen Outeiral Valiño, María Maneiro Rey

10:30 – 11:30 (sesións paralelas) Visitas ás instalacións
Celia Mayer, responsable de Microscopía Avanzada · Arcadio Guerra, responsable de Equipamento Instrumental.