Decembro do 2002
   Visita os números anteriores
Buscas


13/12/02 Xunta de Facultade en Dereito

13/12/02 Entrega do III Premio Manuel Beiras

14/12/02 Acto final da campaña "Mil primaveras"

17/12/02 Reparto de Vocabularios




Andel de diccionarios novos (II)


 


Axenda

Xunta de Facultade en Dereito

A Xunta de Facultade de Dereito someterá a aprobación a creación dunha comisión de normalización lingüística como comisión delegada dese órgano de goberno. .

Entrega do III Premio Manuel Beiras

Terceira edición do Premio Manuel Beiras do Concello de Santiago, un premio simbólico para recoñecer o esforzo que realizan as empresas compostelás por incorporárense ó uso da lingua galega. .

Acto final da campaña "Mil primaveras"

Ás 17,30 h, marcha a pé desde a praza da Ferrería ata o outeiro de Santa Margarida, onde se lerá o manifesto. Por mor da catástrofe do Prestige, preténdese que a marcha sexa unha maré humana .

Reparto de Vocabularios

A partir das 10 h, e durante toda a mañá do martes 17, a Comisión de Normalización Lgca. da Escola Politécnica repartirá exemplares do Vocabulario de Química entre as persoas interesadas. .


Imprimir

 

 

ArribaA Asemblea Permanente da Fac. de Traducción da Universidade de Vigo decidiu axudar na loita contra o fuel cunha oficina de información multilingüe sobre o tema, e cun servicio de interpretación ás persoas ou institucións que o requiran.

Abaixo¡Que non digan nin PIU! é o lema da campaña de protestas que promove a Comisión de Normalización Lgca. da EPS <web.lugo.usc.es/~cnleps/> para conseguir que toda a información que fornecen os Puntos de Información Universitaria (PIU) teña versión en galego.


Imprimir

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es