Decembro do 2002
   Visita os números anteriores
Buscas


13/12/02 Xunta de Facultade en Dereito

13/12/02 Entrega do III Premio Manuel Beiras

14/12/02 Acto final da campaña "Mil primaveras"

17/12/02 Reparto de Vocabularios




Andel de diccionarios novos (II)






 


¿Sabías que...?

Cómo se escriben as bibliografías (II)

Velaquí a segunda parte destas recomendacións sobre os criterios e convencións gráficas para escribirmos as referencias bibliográficas.

Desta volta trataremos sobre outros elementos das bibliografías: número, lugar e ano de edición, editorial, número de volumes e número de páxinas, que han aparecer despois do título e en redonda, aínda que se trate de termos ou frases estranxeiras. Os datos imprescindibles son lugar de edición, editorial e ano de edición; a pertinencia de fornecer a restante información varía segundo o tipo de obra.

Lugar de edición

O nome do lugar pódese citar na lingua en que estea escribindo a bibliografía; se non se coñece o lugar de edición indícase coas siglas s.l.

Editorial

O nome da editorial non se traduce nunca. Suprímese expresións como Editorial, Editor, SL, SA, cía., etc. No caso de coedicións, as editoriais separaranse por punto e coma (;). Se non se coñece a editorial, indícase con s.e. Se o autor é tamén o editor, aparecerá no seu canto a forma "autor".

Ano de edición

Cando se quere especificar unha data completa (por exemplo, se se refire a un artigo), a fórmula de presentación é do tipo "15 de xullo de 2001". Se é unha publicación por fascículos, indícase o primeiro e o derradeiro ano (se xa se deixou de publicar), separados por un guiíon.

Número de edición

Normalmente é o dato que lle segue ó título, se non se trata da primeira edición. Tamén se adoita situar despois da editorial, ou logo do ano de edición, utilizando un superíndice. Calquera outra información a respecto da edición (ed. aumentada, ed. corrixida...) faise entre parénteses e despois do número de edición ou da editorial.

Número de volumes e de páxinas

O número de volumes figurará logo da abreviatura "vol.", e o de páxinas, tras "páx.". Se se trata dun volume determinado, especifícase despois do título.

Outros datos

Se interesa engadir algún dato aclaratorio sobre a obra referida (contido, problemas de edición, colección a que pertence...), pódese facer ó final da referencia, entre parénteses ou entre colchetes.

Tamén se pode fornecer a información máis formalizada, o ISBN, no caso das monografías, e o ISSN, no das publicacións en serie.


 



Imprimir

 

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es