Decembro do 2002
   Visita os números anteriores
Buscas


13/12/02 Xunta de Facultade en Dereito

13/12/02 Entrega do III Premio Manuel Beiras

14/12/02 Acto final da campaña "Mil primaveras"

17/12/02 Reparto de Vocabularios




Andel de diccionarios novos (II)






 


Ruxe Ruxe

H. Potter non fala galego (O Correo Galego, 29/11/02)

Tralo encontro do director xeral da Warner coa Mesa, a distribuidora acordou non dobrar Harry Potter ó galego. Por isto a Mesa iniciou xa unha campaña de denuncia. O neno mago só falará galego no libro traducido por Eva María Almazán que xa está á venda

Entre nós, en galego (El Correo Gallego, 02/12/02)

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha a terceira edición da campaña de normalización lingüística "Entre nós en galego". Esta campaña está dirixida á galeguización das novas xeracións.

De novo, Ciberlingua (La Voz de Galicia, 13/11/02)

Xa comezaron as actividades do Ciberlingua deste curso. Neste mes estase a formar o profesorado e os pais sobre os recursos da rede en galego, e os obradoiros para cativos comezarán na Pascua. Este ano vai haber obradoiros novos de niveis máis avanzados.

Linguas minoritarias, sen informe (El Correo Gallego, 28/11/02)

O PP rexeitou unha inicativa do BNG na que se lle pedía ó Goberno central que elaborase un informe sobre o estado das linguas cooficiais, en cumprimento coa Carta Europea. O goberno afirmou que as linguas cooficiais teñen garantido xa o seu desenvolvemento.

Compostela Monumental, en galego (Vieiros, 28/11/02)

A Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental e a Consellería de Educación asinaron un convenio para o emprego do galego na rotulación, nas comunicacións internas, na publicidade e na atención ó público.

Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es