Novembro do 2007
   Visita os números anteriores
Buscas


09/11/07 Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización

15/11/07 Decídense os Premios Luísa Villalta

16/11/07 Remata a matrícula para os exames do Celga 1

28/11/07 Remata a matrícula para os exames do Celga 4

30/11/07 Cal é o teu epitafio?

10/12/07 Lingua, ensino e sociedade: O galego no teatro e na tv

18/12/07 A dinamización lingüística integrada no contorno

22/11/07 Matrícula nos cursos de redacción e deseño




Profesionaliza a túa lingua

Servizo de Normalización Lingüística da UdC


 


Axenda

Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización

O Colexio de Avogados de Santiago organiza a xornada Xustiza e lingua: reflexións para a normalización, para reflexionar sobre o proceso de normalización no ámbito da xustiza; ofrecer experiencias positivas e abordar a terminoloxía xurídica galega.

http://www.icasantiago.org/spip.php?article202.

Decídense os Premios Luísa Villalta

Reúnese na Universidade da Coruña o xurado que decidirá os traballos premiados nas dúas categorías do concurso: propostas de campaña de normalización lingüística, ou artigos xornalísticos sobre o tema.

http://www.udc.es/snl/dinamiza_premios_IVpremio.html.

Remata a matrícula para os exames do Celga 1

O prazo de inscrición para a proba do Certificado Oficial de Lingua Galega (CELGA) 1 estará aberto ata o 16 de novembro, e o exame realizarase o 1 de decembro, a partir das nove da mañá, na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.

http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_probas.

Remata a matrícula para os exames do Celga 4

O prazo de inscrición para a proba do Certificado Oficial de Lingua Galega (Celga) 4 pecharase o 28 de novembro, e a data do exame é o 15 de decembro, a partir das nove da mañá,na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.

http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_probas.

Cal é o teu epitafio?

Durante o mes de novembro, o web «En galego tes todo por dicir. E logo!» expoñerá os epitafios máis orixinais e retranqueiros dos internautas, os cales recibirán a súa creación en formato de fondo de pantalla para o móbil.

http://www.galegoelogo.com/concursoepitafio/index.php.

Lingua, ensino e sociedade: O galego no teatro e na tv

Continúa o ciclo de conferencias que organiza a CNL de CC. da Educación cunha conferencia do actor e presentador Xosé Barato, o 10 de decembro, ás 17:30, no Salón de Actos da Facultade de CC. da Educación, no Campus Sur.

.

A dinamización lingüística integrada no contorno

A CNL de CC. da Educación organiza dúas charlas sobre a radio escolar do ENL do IES de Melide (falamelide), e sobre a dinamización lingüística en Carballo. Ás 16:00 no Salón de Actos de CC. da Educación, no Campus Sur.

.

Matrícula nos cursos de redacción e deseño

O prazo de inscrición nos cursos de Redacción e deseño de traballos abrangue do 22 de novembro ao 5 de decembro. En breve dispoñerase de información sobre estes cursos na páxina que se indica debaixo.

http://www.usc.es/snl/forma/index.htm.


Imprimir

 

 

O Plan Estratéxico das TIC da USC establece que a lingua galega debe estar presente nestas ferramentas, e o PNL, que se debe proporcionar, en xeral, todos os productos informáticos que contribúan a facilitar o uso normal do galego.

As ferramentas, os produtos existen, nin se coñecen nin se instalan nin se usan na USC. Cómpre divulgalos, promover o seu uso e mesmo instalar de oficio nos equipos e nas aulas informáticas da USC os que se consideren oportunos.


Imprimir

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es