Novembro do 2007
   Visita os números anteriores
Buscas


09/11/07 Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización

15/11/07 Decídense os Premios Luísa Villalta

16/11/07 Remata a matrícula para os exames do Celga 1

28/11/07 Remata a matrícula para os exames do Celga 4

30/11/07 Cal é o teu epitafio?

10/12/07 Lingua, ensino e sociedade: O galego no teatro e na tv

18/12/07 A dinamización lingüística integrada no contorno

22/11/07 Matrícula nos cursos de redacción e deseño




Profesionaliza a túa lingua Servizo de Normalización Lingüística da UdC






 


Ruxe Ruxe

Industria esixe software libre en galego aos seus provedores (Vieiros, 10/10/07)

A Consellería de Industria esixe aos subministradores ordenadores con software libre en galego: OpenOffice (programas de oficina), Firefox (navegador de Internet), Thunderbird (xestión de correo electrónico) e  Gimp (editor de imaxes).

O galego só é a lingua inicial de dous de cada dez nenos (Vieiros, 11/10/07)

Segundo o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega só un 20,6% dos nenos teñen como idioma inicial o do país. En 1992, era o 60,3%. Nas cidades é especialmente grave o que está a ocorrer.

Ata 3.000 euros a centros concertados para potenciar o galego (La Voz de Galicia, 15/10/07)

Educación convocou axudas de ata 3.000 euros para centros privados concertados que potencien o ensino en galego no segundo ciclo de educación infantil, para garantir os dereitos lingüísticos do alumnado cuxas familias opten polo ensino na lingua propia.

Os nacementos e as vodas xa se poden inscribir en galego (Galicia Hoxe, 22/10/07)

Calquera inscrición ou anotación sobre o estado civil poderase facer en galego coa nova aplicación Inforeg 4. O Rexistro Civil da Coruña será o primeiro de Galicia, e logo seguiranlle os de Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Santiago e Ferrol.

Cando fodas non esquezas a lingua (Vieiros, 19/10/07)

O colectivo compostelán Gentalha do Pichel distribúe preservativos con palabras galegas relacionadas co sexo.

Política Lingüística impulsa o galego nas notarías (Xunta, 23/10/07)

Política Lingüística pon en marcha accións específicas para facilitar o traballo en galego dos notarios galegos, como o primeiro Curso de Lingua Galega para Notarios.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es