|
Axenda Galego para non galegofalantes
O 31 de outubro remata o prazo de matrícula no curso de galego para non galegofalantes, que conta con dous niveis e se desenvolverá ata xuño. As clases comezan o 3 e o 4 de novembro, respectivamente, para cada nivel. Normalización en Psicoloxía
Comeza o curso de creación de páxinas web docentes, organizado pola CNL de Psicoloxía. Destínase ao profesorado do centro, e os seus obxectivos son facilitar o uso do galego e incorporar o uso das TIC na actividade docente.
|
Parabéns á CNL de Dereito, que actuou con dilixencia perante a aparición do web da Facultade só en castelán. A versión en galego que se publicará en breve, a ela se debe. A ver se se corrixe tamén o enderezo web... Periodicamente temos que destinar este espacio para a USC, que segue incumprindo as súas propias normas, e publicamente. Velaí os anuncios na prensa galega sobre os cursos de posgrao, en castelán, como todos os anos, sen que se adopte ningunha medida. |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |