|
Ruxe Ruxe O goberno español e a Carta europea das linguas (A Mesa, 17/10/03)
O Secretariado da Carta Europea das Linguas remitiulle ao goberno español o documento presentado por varias organizacións sobre a situación do idioma galego Google potenciará o uso do galego nas buscas por Internet (La Voz de Galicia, 29/10/03)
Google.es xa ofrecía a posibilidade de ver a súa interface en galego, pero agora os usuarios poderán escoller idioma máis doadamente. O Cervantes ignora o galego no seu portal de Internet (Galicia Hoxe, 07/10/03)
O goberno respondía a unha pregunta do BNG no Congreso: o Instituto Cervantes non ten máis obriga que ensinar español e difundir a cultura española. Aranzadi recollerá o DOG en galego por 60.000 euros (Vieiros:galego.org, 14/10/03)
A editorial Aranzadi incluirá nas súas bases de datos a lexislación autonómica en galego presente no BOE e no DOG; ata agora incluíaa, pero en castelán. O Consello da Avogacía abeira a avogada Isabel Castillo (Consello da Avogacía Galega, 08/10/03)
O Consello da Avogacía Galega acordou darlle abeiro á avogada que fora apercibida por utilizar o galego nun proceso xudicial, cunha declaración xustificativa da galeguización do ámbito xudicial. Sae á venda o primeiro vídeo de Doraemon en galego (La Voz de Galicia, 09/10/03)
A distribuidora Luk Internacional puxo á venda o primeiro vídeo con versión en galego que se publica sen axudas públicas, Doraemon e o tren do tempo. E proximamente tamén o de Sinchan na procura das bólas perdidas. Para o BNG, a Xunta discrimina o galego nun informe sobre a USC (La Voz de Galicia, 18/10/03)
A análise que fai a Xunta sobre os estatutos universitarios obriga a mencionar a lingua castelá no texto.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |