Outubro do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


31/10/03 Galego para non galegofalantes

31/10/03 Normalización en Psicoloxía




Dret lingüístic Jaume Vernet (coord.), Universitat Rovira i Virgili: 2003






 


Pasa a folla

Dret lingüístic


Jaume Vernet, catedrático de Dereito Constitucional na Universitat Rovira i Virgili, investigador do estado das autonomías, é coñecido entre nós sobranceiramente pola súa faceta de estudoso do dereito lingüístico, dende unha perspectiva normalizadora. Na USC puidemos en varias ocasións desfrutar da súa presencia: nas II Xornadas de Normalización Lingüística Universitaria en 1992 (e aproveitamos para entrevistalo no número 2 d’O Cartafol), e máis recentemente no ciclo de conferencias 'Dereito e Lingua', organizadas pola Facultade de Dereito en 1998.


Vernet coordina este manual, publicado pola Universitat Rovira i Virgili e Cossetània Edicions este mesmo ano, Dret lingüístic. A obra é froito dun grupo de profesores de dereito constitucional e de linguaxe xurídica (Eva Pons, Agustí Pou, Joan Ramon Solé, Anna Maria Pla, e o propio Jaume Vernet), que levan anos traballando arredor do dereito lingüístico en varias universidades catalanas. O carácter colectivo non lle resta unidade á obra, pois cada capítulo é froito do traballo en equipo e da discusión periódica. Partiuse dunha liña investigadora común e dunha novidosa experiencia docente en rede denominada Intercampus, a partir da cal elaboraron material común para as materias de dereito lingüístico das titulacións que se imparten nas universidades catalanas.


O libro ten unha orientación teórica e xeneralista, malia non fuxir de aspectos màis prácticos mediante a exposición da normativa vixente e da xurisprudencia máis recente. Divídese en dous grandes bloques, un máis xeral e outro de carácter máis específico.


O primeiro bloque expón as bases do dereito lingüístico, do dereito comparado, do réxime xurídico-lingüístico internacional e europeo, dos conceptos do dereito lingüstico en España e en Cataluña, e dos dereitos e deberes lingüísticos dende unha perspectiva xeral.


A segunda parte analiza a concreción do dereito lingüístico en diversos sectores: admnistracións públicas, ensino, función pública, toponimia e antroponimia, e espacio socioeconómico e da información. Finalmente, estúdiase a proxección xurídica da lingua catalana alén da propia Cataluña. Aínda que este segundo bloque se dedica a campos concretos, os autores advirten que nun manual coma este non é posible un estudio exhaustivo de todos os eidos en que a regulación lingüística ten incidencia, polo que só incluíron aqueles con maior implicación social e xurídica.


Trátase, logo, dunha ferramenta de lectura e consulta útil para estudiantes, profesionais e docentes, así como para calquera persoa interesada no dereito que atinxe ás linguas no Estado, aínda que que se centra no tratamento xurídico do catalán en Cataluña. Esta perspectiva, que lle podería restar interese á obra para cantos se achegan dende outras realiades lingüísticas, vese compensada porque o réxime xurídico das linguas en Cataluña, e a relación entre lingua e comunidade política poden considerarse como se fose un experimento, un referente para outras comunidades lingüísticas; non en van, é a comunidade onde o dereito lingüístico está máis desenvolvido doctrinal e normativamente, en relación co resto dos Países Cataláns e outras comunidades lingüísticas do Estado español.



Imprimir

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es