|
Axenda II Concurso de monólogos monolingües Organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Fac. de Económicas, na Aula B deste centro, ás 20:15 h. Sete monólogos, mantemento do acto a cargo de Carlos Blanco, happening de Leo Arremecaghoná. http://www.usc.es/cnleco.Premios á calidade lingüística nos traballos académicos A Comisión de Normalización Lingüística da Fac. de Económicas fará entrega dos Premios á calidade lingüística nos traballos académicos no transcurso dos monólogos monolingües. http://www.usc.es/cnleco.II Xornadas sobre lingua e usos: Lingua e investigación O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña organiza estas xornadas para reflexionar sobre aspectos lingüísticos e non lingüísticos da incorporación do galego á investigación científica. http://www.udc.es/snl/xornadas.html.
|
A nosa lingua e a nosa cultura seguirán gozando de boa saúde mentres existan iniciativas cidadás como as que promoveron a candidatura da tradición oral galego-portugusa ao recoñecemento da Unesco como patrimonio da humanidade.
Moito deberían aprender as institucións e os medios de comunicación galegos da iniciativa cidadá. O apoio institucional arrabuñouse nos últimos meses, e o eco mediático limitouse en xeral ao titular demagóxico unha vez coñecida a decisión da Unesco |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |