Novembro do 2005
   Visita os números anteriores
Buscas


30/11/05 II Concurso de monólogos monolingües

30/11/05 Premios á calidade lingüística nos traballos académicos

30/11/05 II Xornadas sobre lingua e usos: Lingua e investigación




O Dicionario CLUVI inglés-galego Seminario de Lingüística Informática da Univ. de Vigo






 


Ruxe Ruxe

Falouse galego por unha vez no Comité das Rexións (Vieiros, galego.org, 17/11/05)

O presidente da Xunta empregou o galego no Comité das Rexións, só como demostración do acordo asinado entre o goberno español e o Comité. Os cidadáns aínda non se poden dirixir ao Comité das Rexións en galego.

Política Lingüística só aumentará os orzamentos de un 3.8% (Vieiros, galego.org, 07/11/2005)

A promoción do galego é un dos cinco eixos do programa político do bipartito, mais nos orzamentos só se reflicte unha suba dun 3,8%, unha décima por riba do IPC interanual. A propia responsábel cualificou os orzamentos de insuficientes.

A RAG publica o seu primeiro dicionario castelán-galego (La Voz de Galicia, 16/11/05)

O dicionario está adaptado á nova normativa da Real Academia Galega, contén máis de vinte e cinco mil artigos lexicográficos, e é cualificado polo seu codirector, Manuel González, coma o máis completo dos bilingües que existen neste momento no mercado.

Política Lingüística crea un servizo para galeguizar empresas (Galicia-Hoxe, 16/11/05)

Política Lingüística e a Confederación de Empresarios de Galicia poñerán en marcha, como primeira medida para impulsar o galego na empresa, un servizo de normalización lingüística para asesorar as empresas galegas e elaborar documentación en galego.

O galego adáptase ao marco de referencia europeo (Galicia-Hoxe, 09/11/05)

O galego xa está incluído en ALTE co modelo de Certificado de coñecemento de galego correspondente ao nivel A2 do Marco Europeo de Referencia. Proximamente iniciarase o deseño dos modelos de probas de coñecemento dos niveis B1, B2, C1.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es