|
Axenda Comezan os cursos de lingua para non galegofalantes Os cursos de lingua galega para non galegofalantes comezan en Santiago ás 8 h na Facultade de Xeografía e Historia (aulas 14 e 15, para os niveis básico I e básico II), e en Lugo, en Administración e Dirección de Empresas (Seminarios 1 e 4). http://www.usc.es/snl/formac.htm.Aberta a matrícula no curso de redacción e deseño Os cursos de redacción e deseño de traballos de investigación abren o día 2 o prazo de matrícula, ata o día 17 de novembro. As clases comezan o día 22 na Facultade de Veterinaria, no caso de Lugo, e en Dereito, no de Santiago, de 12 a 14 h. http://www.usc.es/gl/xornal/nova.jsp?id=13342.Presentación de "Termos esenciais de botánica" O 3 de novembro ás 12 h preséntase os Termos esenciais de botánica, no Salón de Actos da EPS de Lugo. A CNL da EPS repartirá exemplares os luns de novembro de 10 a 12 h, e os martes de 16 a 17 h no Seminario 1 da Ampliación da EPS. http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCartafol=16&Artigo=92.
|
Entre os cursos de mestrado do Plan Erasmus Mundus só figuran os de seis universidades españolas: as de Cádiz, Córdoba, Deusto, así como as de Lleida, Rovira i Virgili, e a Politécnica de Cataluña, onde se emprega o catalán na docencia en máis do 55%.
A Garda Civil e a Audiencia Nacional procesan por terrorista a Èric, un adolescente de 14 anos que lles esixía por e-mail ás empresas que etiquetasen en catalán. As mensaxes ameazaban con "bombardear" con mensaxes os seus webs. |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |