|
Ruxe Ruxe Paco Vázquez divírtese a conta do galego (Galicia Hoxe, 27/10/04)
O alcalde da Coruña quere aproveitar a Lei de grandes cidades a prol da súa gran teima, o artigo determinado castelán, buscando darlle oficialidade a unha práctica de dez anos con sentenzas contrarias, incluída a do Tribunal Supremo. A Xunta advirte de que só ela pode cambiar o topónimo (La Opinión, 29/11/04)
Francisco Vázquez insiste en que a cooficialidade de A Coruña e `La Coruña´ se fará efectiva cando a aprobe o Pleno, pero o Executivo autonómico avisa de que ese acordo carece de validez legal se non é refrendado polo Consello da Xunta. O galego, sempre en conta. Campaña de galeguización da banca (A Mesa, 22/10/04)
A Mesa fai un chamamento ao apoio individual e colectivo para axuntar persoas que estean dispostas a cambiar a súa nómina para aquel banco, caixa de aforro ou entidade financeira que se comprometa a dar pasos importantes na súa galeguización. Propoñen a 200 empresas que axuden a usar máis o galego (La Voz de Galicia, 19/10/04)
O Concello de Santiago impulsa unha campaña de dinamización de uso do galego entre as empresas de comunicación, publicidade e deseño gráfico, buscando un efecto multiplicador, xa que son unha vía para chegar a outras empresas coas que manteñen relación. Os mozos falan por primeira vez máis castelán ca galego (Galicia Hoxe, 19/10/04)
O castelán é xa a lingua maioritaria dos habitantes máis novos de Galicia, que tenden a ser monolingües neste idioma, segundo a última enquisa sobre condicións de vida das familias realizada polo Insituto Galego de Estatística.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |